As Illas Alhucemas constitúen un conxunto de tres illotes situados na baía da Hoseima, enfronte da costa mediterránea de Marrocos, que son de soberanía española. Trátase do Peñón de Alhucemas e dos illotes de Tierra e Mar, situadas a uns 155 km ao leste de Ceuta e a uns 100 km ao oeste de Melilla. As illiñas de Mar e Tierra áchanse ao suroeste do Peñón e a unha distancia de 800 e 900 metros, respectivamente. A superficie total das illas é duns 0,04 km².

Modelo:Xeografía físicaIllas Alhucemas
Imaxe
Tipoarquipélago
territorio disputado Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMelilla, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°12′54″N 3°53′46″O / 35.215, -3.8961
Bañado porMar de Alborán Editar o valor en Wikidata
Composto por

Xeografía

editar

As tres illas son dun tamaño parello; o penedo tampouco chega ás 2 hectáreas. A maior altura do conxunto dáse no Peñón cunha cota de 27 metros sobre o nivel do mar. A illa de Mar non supera os 4 metros de altura mentres que a illa de Tierra chega só ata os 11 metros. As illas foron ocupadas temporalmente por España en 1560, sen consolidar un dominio nelas. Foron ocupadas definitivamente o 28 de agosto de 1673 por unha escuadra dirixida polo príncipe de Montesacro co fin de actuar contra os corsarios berberiscos.

Mar e Tierra están completamente deshabitadas (Mar foi o cemiterio do Peñón ), mentres que o Peñón está ocupado por forzas militares pertencentes ao Corpo de Regulares de Melilla do exército de terra español.

 
Vista do Peñón de Alhucemas desde a costa marroquí.

Historia

editar

As illas pertencen á coroa española desde 1560, cando o sultán Muley Abdalá cedeullas a Filipe II a cambio da protección das invasións otomás. Foron ocupadas definitivamente o 28 de agosto de 1673, durante o reinando de Carlos II, por unha escuadra dirixida polo xeneral de Armada Andrés Dávalos, conde de Montesacro que a bautizou "San Agustín e San Carlos de Alhucemas" na honra aos barcos que o transportaron co fin de actuar contra os corsarios berberiscos. Desde entón sempre existiu unha guarnición española na illa.

As illas Alhucemas chegaron a ter unha poboación de 350 habitantes que exercían o comercio coa próxima cábila de Beni Urriaguel. Máis tarde converteuse nun penal de presos comúns, políticos e desterrados. En 1838 sufriu unha sublevación dos presos políticos.

En 1902, Francia recoñeceu a soberanía española do Peñón. En 1921 sufriu un ataque por parte dos homes de Abd el-Krim durante a Guerra do Rif. En 1922, as baterías cabileñas afundiron o vapor Juan de Juanes, que exercía as funcións de correo con Melilla. Está situado, aínda hoxe, a uns 150 m ao norte da illa. En 1925 participou no desembarco de Alhucemas como posición avanzada de combate, xa que tiña 24 pezas de artillaría con obuses de 155 e canóns de 7,5 a fin de apoiar a operación, con independencia da artillaría móbil das unidades de desembarco.

En 1957, as illas de Mar e Tierra foron cedidas por Marrocos a España.

No ano 2002, durante o incidente da illa Perejil, as illas de Mar e Tierra foron ocupadas por lexionarios españois[1],​ os cales instalaron algunhas tendas de campaña, co fin de evitar o acceso á zona por parte dos bañistas dunha praia próxima. O suceso provocou críticas por parte do alcalde de Al-Hoceima.

En 2012, 83 inmigrantes ocuparon a illa de Tierra pero os militares e a policía española desaloxáronos aos poucos días.[2]

Véxase tamén

editar