Illa de Tourís Novo
illa na ría de Arousa
A Illa de Tourís Novo (ou, simplemente, Tourís) é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada na Ría de Arousa, ó nordeste do istmo da Lanzada. Ten 15 hectáreas de superficie pero, como outras illas que alí se atopan, chega a quintuplicar o seu tamaño coas baixamares. É case completamente areosa, chaira e baixa, con zonas de lodo e manchas de marisma.
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Complexo Intermareal Umia-O Grove ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | O Grove, España ![]() | |||
Localización | ría de Arousa ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | |||
Características | ||||
Superficie | 0,15 km² ![]() | |||
Forma parte do espazo protexido denominado Complexo Intermareal Umia-O Grove.