Illa de Beiro
illa do concello de Cambados
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Beiro.
A Illa de Beiro é un illote deshabitado galego da Ría de Arousa, a medio camiño entre a Illa da Toxa e a costa do municipio de Cambados. Ten 6 hectáreas de superficie e é totalmente chaira, e baixa, cunha praia na súa costa norte e roquedal cara ao sur e oeste. Cóbrea vexetación halófila e cando as mareas son baixas pode chegar a quintuplicar o seu tamaño. Atópase situada dentro da área protexida Complexo Intermareal Umia-Grove-A Lanzada.
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Complexo Intermareal Umia-O Grove ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Cambados, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | ría de Arousa ![]() | |||
Características | ||||
Superficie | 6 ha ![]() | |||