Illa Zhoushan é a principal e homónima illa nas Illas Zhoushan, anteriormente romanizado como o Illas Chusan, un arquipélago administrado pola Prefectura de Zhoushan na Provincia de Zhejiang na República Popular da China. É a illa máis grande da provincia e a terceira máis grande en China continental logo de Hainan e Chongming. A illa acolle os distritos de Dinghai e Putuo.

Modelo:Xeografía físicaIlla Zhoushan
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deZhoushan Archipelago (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaZhoushan Archipelago (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaZhejiang, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 30°03′28″N 122°08′17″L / 30.057777777778, 122.13805555556
Bañado porMar da China Oriental Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións19,3 (ancho) × 44,5 (lonxitude) km
Superficie502,65 km² Editar o valor en Wikidata

Cando se denomina porto, Porto de Zhoushan (舟山市) refírese á prefectura a nivel "cidade" que consiste na illa de Zhoushan, así como as outras illas periféricas próximas, en Zhejiang. O antigo nome de Zhoushan era Dinghai (chinés: 定海). O porto de Zhoushang é un porto popular para os graneleiros.[1]

O nome Zhoushan significa "illa barco" e refírese á forma da illa nun mapa. [Cómpre referencia]

Xeografía

editar
 
A canle de Changhai é unha canle que divide Illa Changbai e Illa Zhoushan Main

A 30° N. 122° E.,[2] aliñease do noroeste ao sueste, e ten 170´16 km de litoral costeiro, 44 km no seu punto máis longo e 18 km no seu punto máis estreito. A súa superficie é de 502´65 km² (incluída a zona de mareas). No seu punto máis próximo, está a 9´1 quilómetros da parte continental da China. Elévase a unha altitude de 503´6 metros.

A illa ten unha variada gama de paisaxes, con outeiros e vales, ademais de ser regada con numerosos pequenos arroios, dos cales o máis importante é o Dongjiang (Río Leste), que pasa polo porto de Dinghai. Hai varios centos de peiraos ao redor das illas, separados en tres áreas: Zona portuaria de Dinghai, Zona portuaria de Shen-jia-men (沈家门港区) e Zona portuaria de Laotangshan (老塘山港区). As rexións turísticas inclúen as rexións de Shen-jia-men e Dinghai.

Subdivisións

editar

Na illa viven medio millón de persoas, a maioría Han, en 150.000 familias nas seguintes 17 subdivisiónes dos distritos Dinghai e Putuo ambos na Illa Zhoushan:

10 sub-distritos:
  • Jiefang (解放, en dialecto local: Kafo), distrito sede de Dinghai
  • Changguo (昌国, Tshokoh), antigo municipio sede de Zhoushan
  • Huannan (环南, Guenei)
  • Chengdong (城东, Djinton)
  • Yancang (盐仓, Yitsho)
  • Lincheng (临城, Lindjin), novo municipio sede de Zhoushan
  • Shenjiamen (沈家门, Shinkomen), distrito sede de Putuo
  • Goushan (勾山, Keusae)
  • Donggang (东港, Tonko)
  • Zhanmao (展茅, Cimao)

6 cidades:

  • Baiquan (白泉, Bahdzoe)
  • Shuangqiao (双桥, Sodjio)
  • Ma'ao (马岙, Mo'ao)
  • Cengang (岑港, Dzenko)
  • Ganshilan (干石览, Kilae)
  • Xiaosha (小沙, Shioso)

1 municipio:

  • Beichan (北蝉, Pohzoe)
  1. Admiralty Sailing Directions - China Sea and Yellow Sea. Taunton, United Kingdom: UK Hydrographic Office. 2011. 
  2. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Chusan". Encyclopædia Britannica 6 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 350. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar