Illa Fraser
K'gari lingua batjala (Illa Fraser) é unha illa Patrimonio da Humanidade situada ao longo da costa sueste do estado de Queensland, Australia. Atópase aproximadamente a 250 km. ao norte da capital do estado, Brisbane.[1] Está localizada na rexión de Wide Bay–Burnett. A súa lonxitude é aproximadamente de 120 km e o seu largo ten aproximadamente 24 km.[2] Illa Fraser foi inscrita como Patrimonio da Humanidade en 1992.[3] A illa é considerada a illa de area máis grande do mundo con 1.840 km².[4] É tamén a illa máis grande de Queensland, a sexta illa máis grande de Australia e a illa máis grande na costa do leste de Australia.
Tipo | illa patrimonio cultural natural espazo natural protexido ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Eliza Anne Fraser ![]() | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Fraser Coast Region, Australia (en) ![]() ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Mar do Coral ![]() | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 245 m ![]() | ||||
Dimensións | 25 (![]() ![]() | ||||
Perímetro | 250 km ![]() | ||||
Superficie | 1.840 km² 181.838,35475682 ha Patrimonio da Humanidade: 184.000 ha ![]() | ||||
Inventario do Patrimonio Nacional de Australia | |||||
Data | 21 de maio de 2007 | ||||
Identificador | 105992 | ||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | |||||
Tipo | Patrimonio natural → Asia-Oceanía insular | ||||
Data | 1992 (16ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (viii) e (ix) ![]() | ||||
Identificador | 630 | ||||
Illa Fraser | |||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | ![]() ![]() | ||||
Sitio web | parks.des.qld.gov.au… ![]() | ||||
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/09/Fraser_Island_view_from_Indian_Head.jpg/300px-Fraser_Island_view_from_Indian_Head.jpg)
A illa ten selvas tropicais, bosques de eucaliptos, bosques de mangleirais, pantanos de muralla e turba, dunas de area e brezais costeiros. Componse de area que se acumulou durante aproximadamente 750.000 anos sobre leito rochoso volcánico que proporciona unha captación natural para o sedimento que é levado nunha forte corrente costa fóra cara ao norte ao longo da costa. A diferenza de moitas dunas de area, a vida vexetal é abundante debido á presenza natural de fungos presentes na area, que liberan nutrientes nunha forma que pode ser absorbida polas plantas.[5] A Illa Fraser é o fogar dun pequeno número de especies de mamíferos, así como unha ampla gama de aves, réptiles e anfibios, incluíndo o ocasional crocodilo de auga salada. A illa está protexida polo Great Sandy National Park.
A illa Fraser foi habitada polos seres humanos fai 5.000 anos.[5] O explorador James Cook navegou pola illa en maio de 1770. Matthew Flinders desembarcou preto do punto máis setentrional da illa en 1802. Durante un curto período de tempo a illa foi coñecida como Grande Illa Areosa. A illa coñeceuse como Fraser debido ás historias dun sobrevivente do naufraxio chamado Eliza Fraser. Hoxe en día a illa é un popular destino turístico. A súa poboación humana residente era de 194 habitantes no Censo Australiano de 2011.[6]
En 2009 como parte das celebracións Q150, a illa Fraser foi anunciada como un dos iconas Q150 de Queensland para o seu papel como "atracción natural".[7]
Notas
editar- ↑ Modelo:Cite QPN
- ↑ Department of the Environment, Water, Heritage and the Arts (2008). "World Heritage: Fraser Island". Australia. Consultado o 14 de xaneiro de 2008.
- ↑ UNESCO World Heritage Centre (2007). "Fraser Island". Australia. Consultado o 14 de xaneiro de 2007.
- ↑ Department of the Environment, Water, Heritage and the Arts (2008). "Fraser Island – World Heritage – more information". Australia. Consultado o 5 de xuño de 2008.
- ↑ 5,0 5,1 "Fraser Island". Places 218 (3) (The National Geographic Society). 1 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2010.
- ↑ Modelo:Census 2011 AUS
- ↑ Bligh, Anna (10 de xuño de 2009). "PREMIER UNVEILS QUEENSLAND’S 150 ICONS". Queensland Government. Arquivado dende o orixinal o 24 May 2017. Consultado o 24 de maio de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Fraser |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fraser Island From the AirArquivado 24 de abril de 2011 en Wayback Machine.
- Official Website of the Department of Environment and Resource Management for more information and camping permits
- World heritage listing for Fraser Island
- Great Sandy Biosphere Arquivado 16 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
- University of Queensland: Queensland Places: Fraser Island
- Satellite image of S.S. Maheno de Google Maps
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |