Illa Belkovsky
A illa Belkovsky (ou illa Belkov) (en ruso: Бельковский остров, Bel'kovskij ostrov) é unha illa localizada no ártico ruso, bañada polas augas do mar de Láptev. A illa é a máis occidental das illas Anzhu, un subgrupo do arquipélago das illas de Nova Siberia.
(ru) Бельковский остров ![]() | |||||
Tipo | illa ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Anzhu ![]() | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas de Nova Siberia ![]() | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Bulunsky District, Rusia (en) ![]() ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Ártico ![]() | ||||
Características | |||||
Altitude | 127 m ![]() | ||||
Superficie | 535 km² ![]() | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1808 ![]() | ||||
Administrativamente, a illa, como o resto do arquipélago, pertence á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.
Xeografía
editarA illa de Belkovsky é unha illa de tipo medio, con 535 km², e de baixa altitude (o seu punto máis alto está a 127 m).
O estreito entre a illa de Belkovsky e a illa veciña de Kotelny, cunha anchura mínima de 21 km, é coñecido como estreito do Zarya, en memoria do barco da fatídica expedición de Eduard Toll. Hai un pequeno illote fronte á costa meridional de Belkov chamado illote Strizhëva (Ostrov Strizhëva).
Xeoloxía
editarA illa de Belkovsky consiste en estratos fortemente plegados do Devoniano superior e o Carbonífero Inferior. As rochas do Devoniano superior son carbonatos mariños arxilosos interestratificados con calcaria, arenita e conglomerado. As rochas do Carbonífero Inferior están compostas por siltstone, argilita, e arenitas, interestratificadas con breccia, pedra calcaria, e, pouco frecuente, lava riolitica.[1][2]
Fauna e flora
editarExisten grandes colonias de aves e tamén unha colonia de morsas na illa.
Herba, xuncos e tundra de criptógamas cobren a illa de Belkov. É unha tundra na súa maioría de pastos de moi baixo crecemento de xuncos, musgos, liques e plantas hepáticas. Estas plantas, cobren, na súa maioría ou en parte, completamente a superficie do chan, xeralmente húmido, de gran fino e, a miúdo, montículado («Hummocky»).[3]
Historia
editarA illa foi descuberta en 1808 por un comerciante ruso chamado Belkov, en recoñecemento ao que leva a illa o seu nome.
Notas
editar- ↑ Kos’ko, M.K., B.G. Lopatin, and V.G. Ganelin, 1990, Major geological features of the islands of the East Siberian and Chukchi Seas and the Northern Coast of Chukotka. Marine Geology. vol. 93, pp. 349–367.
- ↑ Fujita, K., and D.B. Cook, 1990, The Arctic continental margin of eastern Siberia, in A. Grantz, L. Johnson, and J. F. Sweeney, eds., pp. 289-304, The Arctic Ocean Region. Geology of North America, vol L, Geological Society of America, Boulder, Colorado.
- ↑ CAVM Team, 2003, Circumpolar Arctic Vegetation Map. Scale 1:7,500,000. Conservation of Arctic Flora and Fauna (CAFF) Map No. 1. U.S. Fish and Wildlife Service, Anchorage, Alaska.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Belkovsky |
Ligazóns externas
editar- Anonymous, nd, Laptev Sea Alfred Wegener Institute for Polar and Marine Research - Research Unit Potsdam, Potsdam, Germany.
- Rachold, V., nda, pebble beach of Belkovsky Island. Alfred Wegener Institute for Polar and Marine Research - Research Unit Potsdam, Potsdam, Germany.
- Rachold, V., ndb, remnants of sea-ice, agosto 2002. Alfred Wegener Institute for Polar and Marine Research - Research Unit Potsdam, Potsdam, Germany.