A illa Aguieira, comunmente A Aguieira, é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Modelo:Xeografía físicaIlla Aguieira
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Silleiro Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBaredo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°06′51″N 8°53′56″O / 42.1142, -8.899
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Conforma xunto coa illa Carral, a illa Polbeira e as illas Negras o arquipélago das Illas de Silleiro.[1] Ao seren illotes rochosos, son ricos en marisco, especialmente en percebes, polo que son apreciados por parte das mariscadoras.

Polo medio hai un camiñiño, que cando a marea está baixa, comunica a Illa Carral coa Aguieira. Chámase o Carreiro do Medio ou da Aguieira.

  1. Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Talasonimia da costa sur de Galicia (PDF). Instituto de Estudos Miñoranos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2019. Consultado o 13 de setembro de 2016. 

 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.