Igrexa de Havdhem
A igrexa de Havdhem (sueco: Havdhems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Havdhem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Igrexa de Havdhem | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | Gotland ![]() |
Localización | Havdhem |
Coordenadas | 57°09′45″N 18°19′24″L / 57.16256, 18.32336 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e arquitectura
editarAínda que as partes máis antigas da igrexa de Havdhem están datadas da primeira metade do século XII, no seu cemiterio descubríronse tumbas do período da chegada da cristiandade a Gotland no século XI. O coro é a parte máis vella do edificio, que garda semellanza co das igrexas de Garde e Källunge. Porén, o portal do coro é posterior, do século XIII. A nave data de ao redor do ano 1300 pero orixinalmente era pequena. Probablemente foi agrandada en 1580 tras un incendio que destruíu a igrexa. A ábsida foi engadida ao coro máis ou menos na mesma época da construción da nave. Ten semellanzas co dunha das igrexas en ruínas de Visby, St. Drotten. A torre é de mediados do século XIII e orixinalmente era un pouco máis alta. Substituíu a unha torre anterior máis pequena.[1]
Internamente a ábsida conserva uns poucos fragmentos de frescos que amosan influencias bizantinas. O retablo data do ano 1667 e o púlpito de 1679, mentres que a pía bautismal é de 1685. A súa cruz triunfal é un traballo realizado no século XV.[1]
Galería de imaxes
editar-
Cruz triunfal
-
Portal sur da nave
-
Pía bautismal
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 170–171. ISBN 9129410355.