UE Mataró
A Unió Esportiva Mataró, coñecido por motivos de patrocinio UE Mataró Germans Homs, é un equipo de baloncesto español con sede en Mataró, Cataluña. Actualmente compite no grupo C-1 da Liga EBA. A súa época máis destacada foron as décadas de 1960 e 1970, cando o club competiu durante doce temporadas na 1ª División.
UE Mataró Homs | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | EBA |
Fundación | 1930 |
Historia | Iluro SC (1930−1939) CD Mataró (1939−1991) CB Mataró (1991−2011) |
Cores | Amarelo, violeta |
Presidente | Joan Pi |
Adestrador | Charly Giralt |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Palau Josep Mora |
Capacidade | 2 500 |
uemataro.com |
Historia
editarA Unió Esportiva Mataró ten a súa orixe no ano 1930 cando se crea a sección de baloncesto do Iluro SC e da Agrupación Deportiva Mataró.[1] Despois da Guerra Civil, o Iluro SC convértese no Club Deportivo Mataró, equipo que chega á 1ª División española na temporada 1963−64 con Antoni Serra de adestrador. Na máxima categoría permanece durante doce anos, incluíndo dous descensos e ascensos no camiño. Porén, o club sufriu numerosos problemas económicos que o alonxaron da elite definitivamente. A partir de 1991 o equipo de baloncesto adopta o nome de Club Bàsquet Mataró e, desde o 2011, Unión Deportiva Mataró.
Patrocinios
editarPor motivos de patrocinio, o Mataró tivo os seguintes nomes ao longo da súa historia na 1ª División:
- Molfort's Mataró (1965−1970)
- Ignis Mataró (1970−1975)
Historial
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1962–63 | 2 | 2ª División | ||||||
1963–64 | 1 | 1ª División | 5º | 5–7 | ||||
1964–65 | 1 | 1ª División | 5º | 5–9 | ||||
1965–66 | 1 | 1ª División | 3º | 11–7 | Cuartos de final | |||
1966–67 | 1 | 1ª División | 6º | 9–11 | Cuartos de final | |||
1967–68 | 1 | 1ª División | 7º | 9−11 | Cuartos de final | |||
1968–69 | 1 | 1ª División | 8º | 8–1−13 | Cuartos de final | |||
1969–70 | 1 | 1ª División | 8º | 9–13 | Cuartos de final | |||
1970–71 | 1 | 1ª División | 11º | 5–1–16 | ||||
1971–72 | 2 | 2ª División | 2º | 17−1–4 | ||||
1972–73 | 1 | 1ª División | 9º | 12–1–17 | Oitavos de final | |||
1973–74 | 1 | 1ª División | 13º | 8–20 | Cuartos de final | |||
1974–75 | 1 | 1ª División | 12º | 7–15 | ||||
1975–76 | 2 | 2ª División | 8º | 13−11 | ||||
1976–77 | 2 | 2ª División | 1º | 20–8 | ||||
1977–78 | 1 | 1ª División | 11º | 6−1–15 |
Notas
editar- ↑ "Unió Esportiva Mataró". Enciclopèdia.cat.