Ignacio Vieitez Tapia
Ignacio Vieitez Tapia, nado en Sela (Arbo) o 28 de agosto de 1817 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1882,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1817 ![]() Sela, España ![]() |
Morte | 25 de febreiro de 1882 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarFillo de José Miguel Vieitez de Puga, señor do pazo de Sela, onde naceu. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de Ribadavia, xefe de negociado no Ministerio de Graza e Xustiza, maxistrado da Audiencia de Zaragoza, presidente de Sala das Canarias, Valladolid, A Coruña, Oviedo e Burgos, maxistrado da Audiencia de Madrid e presidente da Sala segunda do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi elixido deputado provincial na Deputación de Pontevedra e deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas en 1850. Foi senador pola provincia de Ourense en 1876 e por Pontevedra entre 1877 e 1881.
Vida persoal
editarCasou con Luísa Penedo Fernández e foi pai de José e Ignacio Vieitez Penedo.
Notas
editar- ↑ "Xenealoxía Vieitez". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 01 de decembro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado