Ignacio Herrero Fuentes
Ignacio Herrero Fuentes, nado en Pedrafita do Cebreiro o 6 de abril de 1909 e finado en San Carlos-Cojedes (Venezuela) en 2001, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1909 ![]() Pedrafita do Cebreiro, España ![]() |
Morte | 2001 ![]() San Carlos, Venezuela (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFoi elixido secretario-bibliotecario da Juventud Esperantista de Ourense en 1928.[1] Foi mestre en Pedrafita (A Teixeira) en 1930,[2] e na escola de Tamallancos dende 1931.[3] Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e colaborou en Escuela del Trabajo. Presentou o relatorio "El problema lingüístico de la escuela gallega" no Congreso Regional de Trabajadores de la Enseñanza de Galicia celebrado en abril de 1936.[4] Foi detido en outubro de 1934 con Adolfo Rodríguez Ansias acusados de inxurias ao réxime, pero a causa foi sobresida,[5] e impuxéronlle unha multa.[6]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[7] Foi detido, pero logrou fuxir da cadea. Exiliouse en Cuba e despois pasou a Panamá onde foi profesor na Universidade de Panamá. Publicou artigos filolóxicos na revista Universidad e dirixiu un boletín político. Trasladouse despois a Venezuela onde foi director do Colexio estatal Cojedes. Foi autor do estudo preliminar de La versificación hispanoamericana pre-modernista. Héctor Pedreáñez Trejo. Publicou baixo o pseudónimo de Dr. Iñigo sobre a erudición dos debates intelectuais entre Risco e Couceiro Freijomil.
Obras
editar- Cojedes y San Carlos en su tricentenario. Estudio original e inédito, 1978.