Ievgeni Khrunov
cosmonauta soviético
Ievgeni Vasilievich Khrunov, nado en Prudy, Tula, o 10 de setembro de 1933 e finado o 19 de maio de 2000, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 4 e Soiuz 5.[1]
Traxectoria
editarKhrunov graduouse na Academia Militar de Enxeñería da Forza Aérea, en Monino, en 1968, e máis tarde obtivo un doutoramento en ciencias técnicas.[1]
Adestrouse como cosmonauta entre 1960 e 1961, participando na primeira transferencia de tripulación entre dúas naves acopladas en órbita, a Soiuz 4 e a Soiuz 5. Posteriormente foi nomeado xefe do Comité do Estado para Relacións Económicas co Exterior, abandonando o cargo en 1989 e traballando despois como enxeñeiro na industria do transporte. Faleceu dun ataque ao corazón o 19 de maio de 2000.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Khrunov, Yevgeni Vasiliyevich" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ievgeni Khrunov |