A ideografía é a representación de ideas, conceptos, palabras ou frases mediante ideogramas,[1] un conxunto de caracteres sucesores da pictografía, que representaban unha idea.

Ideograma kanji para terra.

Características e exemplos

editar

Cada símbolo ten un significado único. Deste xeito, o Sol podería ser representado como " # " e a Lúa como " ) " (isto é só un exemplo). Os caracteres chineses e os kanji xaponeses son ideogramas.

As emoticonas, nacidas na segunda metade do século XX en Internet tamén son un sistema de signos ideográfico.

A acrofonética é unha forma de Ideografía.

Notas

  1. "ideografía". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-07-29. 

Véxase tamén

editar