As normas IEEE 802.11 creadas polo IEEE (instituto de enxeñeiros electrónicos e eléctricos) son un conxunto de estándares de telecomunicacións para redes sen fíos, nas que destaca o estándar IEEE 802.11be por ser o nome técnico do WiFi 7 (empregado como estándar dende o comezo de 2024). [1]

Distintas normas

editar

802.11a (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

Chega a alcanzar velocidades de 54 Mbps dentro dos estándares IEEE e de 72 a 108 Mbps por fabricantes non estándar. Esta rede opera na frecuencia de 5GHz e inicialmente soporta 64 utilizadores por Punto de Acceso (PA). As súas principais vantaxes son a velocidade, a gratuidade da frecuencia que é usada e a ausencia de interferencias. A maior desvantaxe é a incompatibidade cos estándares IEEE 802.11 b e g.

802.11b (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

Alcanza unha velocidade de 11 Mbps estandarizada polo IEEE e unha velocidade de 22 Mbps ofrecida por algúns fabricantes non estandarizados. Opera dentro da frecuencia de 2.4GHz. Inicialmente soporta 32 utilizadores por PA. Un punto negativo neste estándar é a alta interferencia tanto na transmisión como na recepción de sinais, porque funciona a 2,4GHz, o mesmo que os teléfonos móbiles, fornos microondas e dispositivos Bluetooth. E o lado positivo é o baixo prezo dos seus dispositivos, a gratuidade da banda e a dispoñibilidade gratuita en todo mundo.

802.11d (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

Habilita o hardware de 802.11 operar en varios países onde non pode operar hoxe por problemas de compatibilidade -por exemplo, o IEEE 802.11a non operaba en Europa.

802.11f (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

Recomenda práctica de equipamentos de WLAN para os fabricantes de tal forma que os Acces Points (APs) poidan interoperar.

802.11g (obsoleto) (substituído por Wifi4)[Cómpre referencia]

editar

Baséase na compatibilidade cos dispositivos 802.11b e ofrece unha velocidade de 54 Mbps. Funciona dentro da frecuencia de 2,4 GHz. Ten os mesmos inconvenientes do estándar 802.11b (incompatibilidades con dispositivos de diferentes fabricantes). As vantaxes tamén son as mesmas do 802.11b (maior velocidade). Usa autenticación WEP estática

802.11h (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

Soporta medidas e xestión en sinais de 5 GHZ nas redes WLANs con estándar 802.11a.

802.11i (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

o IEEE ratificou o estándar IEEE 802.11i, que trae, de forma intrínseca, as primitivas de seguranza aos protocolos IEEE 802.11b, 802.11a e 802.11g de Wireless LAN (WLAN).

802.11k (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

Posibilita un medio de aceso para Acces Points (APs) transmitir datos de xerenciamento.

802.11n (obsoleto) (substituido pola seguinte versión de Wifi)[Cómpre referencia]

editar

Máis coñecido coma Wifi4.

Ten un ancho de banda de 104Mbps e opera na faixa de 2,4 Ghz e 5 Ghz

Promete ser o estándar wireless para distribución de media, pois ofrecerá, a través de configuracións MIMO, taxas máis altas de transmisión (ata 500 Mbps), maior eficiencia na propagación do sinal e ampla compatibilidade reversa cos demais protocolos. O 802.11n atende tanto as necesidades de transmisión sen fio para o estándar HDTV, como dun ambiente altamente compartillado, empresarial ou non.

802.11r (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

Estandariza o handoff rápido para que un cliente wireless, que se está movendo dun punto de aceso a outro na mesma rede, se reasocie.

802.11s (obsoleto)[Cómpre referencia]

editar

Estandariza "self-healing/self-configuring" nas Redes Mesh (malla) fdf.

802.11be

editar

Máis coñecido coma Wi-Fi7 ten unha velocidade de até 46 Gbps. Este estándar emite sinais cun ancho de banda de 320 MHz a frecuencias da orde de xigahercios modulando cunha modulación 4096-QAM[1].[2]

Canles e frecuencias do wi-fi

editar

Obsoleto

 
Gráfica coas frecuencias en canles dispoñibles.

Ligazóns externas

editar

Véxase tamén

editar

Wi-fi


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Aguilar, Ricardo (2024-10-02). "WiFi 7: qué es, para qué sirve y todas las novedades del nuevo estándar WiFi". Xataka (en castelán). Consultado o 2024-12-29. 
  2. "What is Wi-Fi 7? - everything RF". www.everythingrf.com. Consultado o 2024-12-29.