Iñaki Perurena
Iñaki Perurena Gartziarena, nado en Leitza, Navarra o 23 de setembro de 1956,[1] é un deportista navarro especialista na modalidade de deporte rural vasco de harri-jasotze. Tamén fixo incursións no eido cultural como poeta, escultor, actor e bertsolari. É membro da asociación cultural Nabarralde e publicou artigos na defensa da identidade de Navarra como eixe da nacionalidade vasca.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (eu) Iñaki Perurena Gartziarena ![]() 25 de outubro de 1956 ![]() Leitza (España franquista) ![]() |
Director de museo | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | actor, escultor, poeta, carniceiro ![]() |
Período de actividade | 1973 ![]() |
Xénero artístico | Poesía e escultura ![]() |
Deporte | Harri-jasotze ![]() |
Familia | |
Fillos | Inaxio Perurena, Xabier Perurena ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Tamén foi popular polo seu papel na serie de ETB 1 Goenkale, onde interpretou a Imanol. Na televisión tamén participou nos programas Euskal Herrian Barrena, Herriko Plaza e Piratak, entre outros.
Seu fillo, Inaxio Perurena, tamén se dedica a erguer pedras.
Como harri-jasotzaile, o seu récord de levantamento de pedra cunha man está fixado en 267 kg,[2] pode levantar 320 kg de pedra utilizando ambas.[2][3]
Como recoñecemento pola súa carreira profesional foi galardoado coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo de Navarra.[4]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Inaxio_ta_Inaki_Perurena_Leioan.jpg/220px-Inaxio_ta_Inaki_Perurena_Leioan.jpg)
Notas
editar- ↑ Iñaki Perurena: paradigma de la fuerza, la inteligencia y la caballerosidad vasca
- ↑ 2,0 2,1 Levantadores de piedra: más duros que la piedra
- ↑ Iñaxio Perurena llama a la puerta del club de los 300
- ↑ Diario de Navarra (ed.). "Relación de navarros con la Medalla de Oro al Mérito Deportivo de Navarra" (en español). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2014. Consultado o 31 de outubro de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iñaki Perurena |