Hunkpapa
Os hunkpapa (en lakota: Húŋkpapȟa) son un grupo nativo americano, un dos sete lumes do consello do pobo lakota. O nome Húŋkpapȟa é unha palabra lakota que quere dicir "Xefe do Círculo" (outrora, o nome da tribo estaba representado nos rexistros europeo-americanos como Honkpapa). Segundo a tradición, os Húŋkpapȟa instalaban as súas tendas na entrada do círculo do Gran Consello cando os síux se reunían en convocatoria.[1] Falan a lingua lakota, unha das tres variedades das linguas síux.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/04/Walking_Shooter-Wah-Koo-Ta-Mon-Ih._UNC-Pa-Pa_Sioux%2C_1872_-_NARA_-_519012.tif/lossy-page1-220px-Walking_Shooter-Wah-Koo-Ta-Mon-Ih._UNC-Pa-Pa_Sioux%2C_1872_-_NARA_-_519012.tif.jpg)
Notas
editar- ↑ "Hunkpapa Sioux Indian Tribe History", Handbook of American Indians, 1906, carried in Access Genealogy, consultado o 9 de decembro de 2009
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Rosebud Sioux Tribe Community Environmental Profile". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 22 de novembro de 2015.
- "Native American Tribes: Sioux (Second Part)", 1997, resumido por Willow Branch de "Through Indian Eyes", Reader's Digest