Huaraz
Huaraz, fundada como San Sebastián de Huaraz, é unha cidade peruana, capital da provincia homónima e do departamento de Ancash. A zona metropolitana que abrangue parte dos distritos de Huaraz e Independencia atópase na parte central do Callejón de Huaylas e á marxe dereita do río Santa a 3.052 msnm; conta cunha extensión de 8 km² e unha poboación de 131.377 habitantes en 2011, o que fai que sexa a segunda cidade da rexión por poboación, e a segunda máis importante dos andes centrais do Perú, despois da cidade de Huancayo. Popularmente Huaraz é coñecida como a Suíza peruana,[1] por estar arrodeada de impoñentes montañas nevadas da Cordilleira Branca.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Perú | |||
Rexión | Ancash ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 118.836 (2017) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 370,03 km² ![]() | |||
Bañado por | Santa (pt) ![]() ![]() | |||
Altitude | 3.052 m ![]() | |||
Creación | 20 de xaneiro de 1574 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Prefixo telefónico | 43 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
As orixes da cidade remóntanse á época pre inca, co desenvolvemento dos primeiros asentamentos humanos arredor dos ríos Quilcay e Santa. A súa fundación española produciuse en 1574 como redución de indios.[2] Durante a independencia do Perú, a cidade acolleu e abasteceu o exército libertador con equipos e materiais militares, ganándose así o apelativo emblemático de "A moi nobre e xenerosa cidade de Huaraz" dada polo libertador Simón Bolívar. En 1970 o 95% da cidade ficou destruído polo terremoto que asolou a rexión Áncash no que faleceron aproximadamente 20.000 huaracinos.
A actividade económica huaracina baséase na agricultura, o comercio e o turismo, con gran presenza deste último pois concentra a maior porcentaxe de infraestrutura turística da serra ancashina; sendo o punto de chegada para practicantes de deportes de aventura e de alta montaña nos nevados da Cordilleira Branca, así como os percorridos cara ao complexo arqueolóxico de Chavín de Huántar e toda a Serra Oriental de Ancash.
Toponimia
editarO nome da cidade provén do vocábulo quechua "Waraq" que significa "Amencer", xa que os poboadores prehispánicos da zona tiñan como unha das súas principais deidades a "waraq quyllur" (estrela do amencer), sendo esta o planeta Venus.
Notas
editar- ↑ RPP Noticias (22 de xuño de 2009). RPP Noticias, ed. "Huaraz: La Suiza peruana". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2012.
- ↑ "Evolución histórica de Huaraz.". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Huaraz |