Horizontes
periódico galego
Horizontes foi un semanario editado en Lugo entre 1932 e 1933.
Horizontes | |
---|---|
Fundación | 1932 |
Editorial | Partido Republicano Radical Socialista |
Localidade | Lugo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Órgano del P.R.R.S. de Lugo, apareceu en decembro de 1932.[1] Voceiro do Partido Republicano Radical Socialista de Lugo, entre os seus colaboradores figuraron Ánxel Fole, co pseudónimo Bacurín, e Juan Vázquez Gayoso. O último número coñecido é o 24, que corresponde ao 21 de maio de 1933.
Notas
editar- ↑ El Compostelano, 13-12-1932, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pardo-Gil Magadán, Mª José (2004). "Notas sobre el Lugo anterior a la guerra civil y su ambiente literario. El primer Ánxel Fole" (PDF). CROA: Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga (14): 55–70. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2014.