Home dels nassos
O home dels nassos[1] (en galego: Home dos fociños) é unha personaxe da mitoloxía catalá que ten tantos fociños como días lle restan ó ano. Porén, só se pode ver o 31 de decembro ou aninovo. Facéndose visible só o último día do ano, a personaxe da mitoloxía ten, como todos os seres humanos, un único nariz, e polo tanto, pode ser calquera persoa.[1]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/4/47/Home_dels_Nassos.png/250px-Home_dels_Nassos.png)
Tradicionalmente, explícaselles ós nenos que o último día do ano aparece o Home dels nassos, unha persoa que ten tantos fociños como días ten o ano. Cóntaselles de tal xeito que os nenos imaxinan unha persoa monstruosa con 365 narices na súa faciana, sen pensar que o 31 de decembro só resta un día para rematar o ano.[1] Malia que esta tradición ten un forte arraigo na cidade de Barcelona, tamén está presente en diversas poboacións catalás que presentan nalgúns casos pequenas variacións ou localismos.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Amades 2005: p. 256
- ↑ Amades 2005: p. 257
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cataluña |
Bibliografía
editar- Amades, Joan. Costumari Català (papel) 1 (2005a ed. ed.). Barcelona: Edicions 62. pp. 255–260. ISBN 84-297-5719-8.