Holargos B.C.
O Athlitiki Enosi Holargou (en grego: Αθλητική Ένωση Χολαργού), usualmente coñecido como Holargos, é un club de baloncesto profesional grego con sede en Colargos, Atenas (Ática). Fundado en 1982, actualmente xoga na A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto heleno. O seu pavillón como local é Kleisto Gimnastirio Holargou Antonis Tritsis, recinto con capacidade para 1.665 espectadores.
Holargos | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Αθλητική Ένωση Χολαργού |
Liga | A1 Ethniki |
Fundación | 1982 |
Cores | Azul, vermello |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | K. G. H. Antonis Tritsis |
Capacidade | 1.665 |
Historia
editarO Holargos foi fundado en 1982 en Colargos, un barrio de 45.000 habitantes ao nordeste da cidade de Atenas, famoso por ser o lugar de nacemento de Pericles. No momento da súa fundación era o único club de baloncesto masculino da zona. O seu nacemento foi como club afeccionado, dependendo o seu funcionamento de subvencións e das cotas dos abonados.[1] No ano 2009 o club consegue o ascenso á cuarta división do baloncesto heleno (G Ethniki). Nesta categoría permanece até que consegue ascender á terceira categoría (B Ethniki). Despois de tres anos, en 2016 o club fusionouse co Livadeia para poder competir na A2 Ethniki, a segunda categoría do baloncesto.[2] Para preparar o seu primeiro ano na A2 o club fichou xogadores de nivel para a categoría como Nikos Angelopoulos, Georgios Apostolidis, Georgios Tsiakos, Igkor Milosevits e Kevin Bleeker. Este último foi, ademais, o primeiro xogador non grego en xogar no club. Dous anos despois, en 2018, o equipo consegue o ascenso á A1 Ethniki, máxima categoría helena, tras vencer na final dos play-offs de promoción ao Apollon Patras.
Notas
editar- ↑ "Holargos B.C. ΙΣΤΟΡΙΑ". Holargos B.C (en grego). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ "Στην Α2 μέσω... Λιβαδειάς ο Χολαργός". Basketa2.gr (en grego). Consultado o 7 de setembro de 2018.