Histricognatos
Histricognatos Hystricognathi Rango fósil: eoceno tardío - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Capromys pilorides | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||||
|
A dos histricognatos (Hystricognathi) é unha infraorde de roedores da suborde dos histricomorfos,[1]
Esta ampla infraorde comprende, entre outras especies, as hutías, as cobaias, a capibara, as maras, as vizcachas, as chinchillas, os agutís, os porcos espiños, os degús, un certo número de ratos e ratas, e outras.
Descrición
editarOs histricognatos distínguense dos outros roedores pola estrutura ósea do seu cranio. O masetero medio (un músculo mandibular) pasa parcialmente a través do forame infraorbital e conecta co óso contralateral. Isto, xunto á súa falta da lámina infraorbital e do tamaño relativo do forame infraorbital, distingue aos histricognatos doutros grupos de roedores.
A infraorde dos histricognatos comprende 17 ou 18 familias, segundo os autores, que algúns dividen en dúas parvordes, Phiomorpha e Caviomorpha.
Os Caviomorpha son maioritariamente nativos de América do Sur, cunhas poucas especies en Norteamérica, mentres que os Phiomorpha son propios do Vello Mundo.
Taxonomía
editarInfraorde
editarA infraorde foi descrito por primeira vez en 1855 por Johann Friedrich von Brandt (1802-1879), un naturalista alemán que fixo a súa carreira en Rusia.
O dos Hystricognathi é un taxon que foi orixinariamente denominado por Tycho Fredrik Hugo Tullberg en 1899 como unha tribo clasificada entre os Glires (clado pertencente á superorde Euarchontoglires que coprende ás ordes dos roedores e os lagomorfos), e despois reclasificado como infraorde en 2010 por Coster et al..[1]
Algúns autores clasifican esta infraorde na soborde dos Hystricognatha, pero máis xeralmente está admitida desde 2012 a súa clasifiocación dentro dos Hystricomorpha.[1]
Familias
editarSegundo o MSW e máis o SIIT, a infraorde comprende as seguintes 17 familias:[1][2]
- Familia Abrocomidae Miller & Gidley, 1918 - ratas chinchilla
- Familia Bathyergidae Waterhouse, 1841 - ratas toupa
- Familia Capromyidae Smith, 1842 - hutías
- Familia Caviidae Fischer de Waldheim, 1817 - cobaias, maras a capibara
- Familia Chinchillidae Bennett, 1833 - chinchillas e viscachas
- Familia Ctenomyidae Lesson, 1842 - tuco tucos
- Familia Cuniculidae Miller & Gidley, 1918 - pacas
- Familia Dasyproctidae Bonaparte, 1838 - agutís e acuchís
- Familia Diatomyidae Mein & Ginsburg, 1997 - a rata de rocha laosiana (segundo o ITIS, descoñecida en MSW, sinón. de Laonastidae segundo o NCBI)
- Familia Dinomyidae Peters, 1873 - a pacaraná
- Familia Echimyidae Gray, 1825 - ratas espiñentas
- Familia Erethizontidae Bonaparte, 1845 - porcos espiño do Novo Mundo
- Familia Hystricidae Fischer de Waldheim, 1817 - porcos espiño do Vello Mundo
- Familia Myocastoridae Ameghino, 1902 - o coipú
- Familia Octodontidae Waterhouse, 1840 - degús e especies relacionadas
- Familia Petromuridae Tullberg, 1899 - a rata das rochas africana
- Familia Thryonomyidae Pocock, 1922 - a rata das canas
Porén, o NCBI separa á capibara (Hydrochoerus hydrochaeris), da familis dos Caviidae para formar a súa propia familia, a dos Hydrochaeridae.[3]
Familias de Phiomorpha
editarFamilias de Caviomorpha
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Hystricognathi en Mammal Species of the World.
- ↑ Hystricognathi no SIIT.
- ↑ Hystricognathi no NCBI.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Histricognatos |
Bibliografía
editar- McKenna, Malcolm C. & Susan K. Bell (1997): "Hystricognathi" en Classification of mammals above the species level Nova York: Columbia University Press ISBN 0-231-11012-X.
- Woods, Charles A. & C. William Kilpatrick, "Hystricognathi" en Wilson, Don E. & DeeAnn M. Reeder, eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed., vol. 2. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rodent jaws (mandíbulas de roedores) na ADW (en inglés)
- Hystricognathi na EOL.