Hipercor
Hipercor é unha cadea de hipermercados de España, pertencente ao grupo El Corte Inglés, cuxo presidente é Isidoro Álvarez Álvarez. Ten a súa sede no edificio corporativo de Madrid.
Hipercor | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 5 de setembro de 1980 |
Localización | Madrid, ![]() |
Persoas clave | Isidoro Álvarez (Presidente) |
Industria | Hipermercados |
Na rede | |
https://www.hipercor.es | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Oficinas_centrales_de_El_Corte_Ingl%C3%A9s_%28Madrid%29_01.jpg/220px-Oficinas_centrales_de_El_Corte_Ingl%C3%A9s_%28Madrid%29_01.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/a/a8/Hipercor_Xanadu.jpg/250px-Hipercor_Xanadu.jpg)
O sufixo 'Cor' (de Corte) é o que caracteriza a todas aquelas empresas propietarias do grupo El Corte Inglés. Está presente noutras cadeas como Supercor (supermercados), Opencor (tendas de conveniencia) ou Bricor (gran superficie de bricolaxe e decoración).
Historia
editarHipercor inaugurouse o 5 de setembro de 1980 en Sevilla, como novo formato do grupo El Corte Inglés, para satisfacer as necesidades dunha sociedade cada día máis ampla en hábitos e comportamentos de compra. O primeiro Hipercor foi creado seguindo as pautas dos hipermercados tradicionais, en localización e implantación e distribución interna, pero cunha variedade e calidade máis amplo, característica típica de El Corte Inglés.
O logotipo da nova empresa era moi similar ao da súa matriz El Corte Inglés, pero o seu triángulo pasou a ser azul, en lugar do tradicional verde da empresa matriz.
Localización dos centros
editarHipercor dispón de 39 centros en España:
- Andalucía: Alxeciras (CC Bahía de Algeciras), Cádiz (CC Bahía de Cádiz), Córdoba (CC Ronda de Córdoba), Granada (CC Arabial), Huelva (CC Costa Luz), Xerez da Fronteira, Málaga (CC Bahía Málaga), Marbella (CC Costa Marbella), Mijas (CC Costa Mijas), Sevilla (2: CC Los Arcos e CC Sevilla Este), San Juan de Aznalfarache e El Ejido.
- Aragón: Zaragoza (CC Gran Casa).
- Canarias: As Palmas de Gran Canaria (CC Siete Palmas).
- Cantabria: Santander (CC Bahía de Santander).
- Castela-A Mancha: Guadalaxara (CC Ferial Plaza).
- Castela e León: Burgos e Valladolid.
- Cataluña: Barcelona (CC Meridiana), Cornellà de Llobregat e Xirona (CC Girocentre).
- Comunidade de Madrid: Alcalá de Henares, Alcorcón (CC San José de Valderas), Arroyomolinos (CC Madrid Xanadú), Xetafe (CC El Bercial), Leganés (CC Arroyosur), Madrid (4: CC Méndez Álvaro, CC Campo de las Naciones, CC Sanchinarro e CC Vista Alegre) e Pozuelo de Alarcón.
- Comunidade Valenciana: Elx (CC Ciudad de Elche) e Valencia (CC Ademuz).
- Estremadura: Badaxoz (CC El Faro).
- Galicia: Santiago de Compostela (CC Compostela) e A Coruña (CC Marineda City)
- Principado de Asturias: Avilés, Xixón (CC Costa Verde) e Oviedo (CC Salesas).
- Rexión de Murcia: Murcia (CC El Tiro).
Próximos centros
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web de HipercorArquivado 05 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)