Higinio Carracedo Ruzo
Higinio Carracedo Ruzo, coñecido como O Sereno, nado na Somoza (A Estrada) cara a 1907 e finado na mesma parroquia o 28 de novembro de 1938, foi un policía e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1907 ![]() A Somoza, España ![]() |
Morte | 28 de novembro de 1938 ![]() A Somoza, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | policía, maquis ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Isaura Pazos Campos ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarPolicía municipal da Estrada. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido xunto con Manuel Coto Chan, Manuel Vázquez Otero e Manuel Pereira Rial acusados de cortar os fíos telegráfico e telefónico a noite do 5 ao 6 de outubro, deixando incomunicada a vila da Estrada; xulgados en novembro polo Tribunal de Urxencia, excepto Manuel Pereira que foi absolto, foron condenados a un ano, catro meses e un día de prisión,[1] e en decembro foron trasladados á colonia penitenciaria do Dueso.[2] Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi indultado.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse, liderando a resistencia local contra o golpe franquista. O xuíz militar de Pontevedra emitiu unha requisitoria para a súa presentación xunto con Manuel Coto Chan, José Vila Carbón, Manuel Sanmartín Constela, Manuel Campos Vázquez, Eduardo Pazo Álvarez, José Torres Bermejo, Luciano Louzao e Manuel Pérez Carracedo o 27 de agosto.[3] O xuíz da Estrada fixo publicar requisitorias na prensa a principios de setembro.[4]O xuíz da Estrada fixo publicar requisitorias na prensa a principios de setembro.[5] Os fuxidos levaban un libro de actas no que anotaron o seu nomeamento como responsábel do comité organizador da resistencia, o Comité Popular Anti-fascista da Estrada. Para darlle caza os fascistas organizaron unha batida con 26 falanxistas e 5 gardas civís despois de descubrir que o seu pai, Antonio Carracedo, tiña agochados no cortello o concelleiro e deputado provincial Manuel Coto Chan e o tamén fuxido José Silva Rey, fillo do cego de Guimarei. Leváronos detidos, torturáronos e confesaron que Hixinio estaba oculto na súa propia casa mais non sabían onde. Foron 31 homes e tampouco o atoparon, así que, decidiron prenderlle lume á casa, obrigándoo a saír do forno que o ocultaba, cunha escopeta que lle ía recargando a súa muller, Isaura Pazos, conseguiu fuxir da casa tras ferir dous dos falanxistas, entre eles o xefe local, Felipe Castro. Alcanzárono moi preto, xunto a un regato, e alí mesmo o mataron o 28 de novembro de 1938.[6]
Vida persoal
editarCasou con Isaura Pazos Campos.