Heraldo Ortigueirés
Heraldo Ortigueirés foi un periódico editado na Habana entre 1941 e 1959.
Heraldo Ortigueirés | |
---|---|
![]() | |
País | Cuba |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1941 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Órgano oficial de la Asociación de Beneficencia “Naturales de Ortigueira”, apareceu o 1 de febreiro de 1941. De periodicidade trimestral, estivo dirixido por José Abella Teijeiro, Enrique Abesú, Vicente Pérez Balteiro, Gumersindo Cao e Ramón R. Cornide Peláez (1948). O xefe de redacción era Antonio Couzo García, que tamén foi subdirector. Entre os seus colaboradores figuraron Gerardo Álvarez Gallego, Rafael Armada, Víctor Manuel Heras, Antonio Gómez, Pablo R. Fresno e Bonifacio Roiz. Cesou a súa publicación o 1 de xuño de 1959.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Heraldo Ortigueirés". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Neira Vilas, Xosé (1985). A prensa galega de Cuba. Sada: Ediciós do Castro. p. 65. ISBN 84-7492-264-X.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. p. 214. ISBN 84-87172-30-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Heraldo Ortigueirés no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.