Henrique I de Alemaña
Henrique I, chamado o Paxareiro, nado en 876 e finado o 2 de xullo de 936, fillo de Odón I de Saxonia e pai de Odón I de Alemaña e de Henrique I, duque de Baviera, foi duque de Saxonia dende 912 e rei da Francia Oriental dende 919 até a súa morte. Primeiro da dinastía otoniana de reis e emperadores alemáns, é xeralmente considerado como o fundador e primeiro rei do Estado alemán medieval, coñecido ata entón como Francia Orientalis. Un ávido cazador, obtivo o sobrenome "o Paxareiro" porque se di que estaba a fixar as súas redes de caza de aves cando os mensaxeiros chegaron a informalo de que ía ser rei.
![]() | |
Nome orixinal | (la) Henricus I Auceps ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 876 ![]() |
Morte | 2 de xullo de 936 ![]() Memleben (Francia orientalis) ![]() |
Causa da morte | ictus ![]() |
Lugar de sepultura | Abadia de Quedlinburg (pt) ![]() ![]() |
7º Rei de Francia Oriental | |
919 – 936 ← Conrado I de Alemaña – Odón I do Sacro Imperio Romano Xermánico → ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Familia | Dinastía Saxoa ![]() |
Cónxuxe | Matilde de Ringelheim (911 (Gregoriano)–) Hateburga de Merseburg ![]() |
Fillos | Thankmar ( ![]() Odón I do Sacro Imperio Romano Xermánico ( ![]() Gerberga da Saxônia ( ![]() Henrique I, Duque da Baviera ( ![]() Edviges da Saxônia ( ![]() Bruno I, Arcebispo de Colônia ( ![]() ![]() |
Pais | Odón I de Saxonia ![]() ![]() |
Irmáns | Oda of Saxony ![]() |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/d0/Heinrich-der-finkler-darbringung-der-kaiserkrone.jpg/220px-Heinrich-der-finkler-darbringung-der-kaiserkrone.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/d/dd/King_of_the_Holy_Roman_German_Empire_Henry_I._the_Fowler.jpg/220px-King_of_the_Holy_Roman_German_Empire_Henry_I._the_Fowler.jpg)
Traxectoria
editarAscenso ao trono
editarNos seus vinte e catro anos de reinado, Henrique abordou con éxito algúns dos problemas máis perentorios que sufría o reino, tales como a consolidación da institución fronte aos grandes e a ampliación de zonas de influencia, coa anexión de Lorena e a intervención en Bohemia. Ademais, levou a cabo un importante labor de impulso á colonización, movemento coñecido como Drang nach Osten, que afectou o norte e leste do país e permitiu consolidar esas zonas de poboación fronte ás incursións de húngaros, eslavos e suecos.
Batallas contra os húngaros
editarHenrique I debeu enfrontar durante o seu reinado a ameaza do principado húngaro que en 896 cruzara os montes Cárpatos e ocupara a chaira de Pannonia ao leste dos seus territorios imperiais. Os húngaros levaban nesa época un estilo de vida pagá e seminómade que consistía en saquear e incendiar aldeas, considerándose a si mesmos descendentes de Atila o huno.
Ante isto, Henrique I tivo que facer fronte ás incursións das hostes húngaras que aconteceron no 911, cando invadiran e saquearan Burgundia. Posteriormente, en 915, os húngaros cercaron fallidamente a cidade xermánica de Fulda e incendiaron Bremen tras saqueala. No mesmo ano da súa coroación, 919, Henrique I e o seu exército foron derrotados polos húngaros na batalla de Puchen, e fixéronlle pagar un tributo durante o seguintes dez anos. Así continuou até 932, cando o rei se negou a pagalo, e un ano máis tarde as tropas xermánicas venceron por vez primeira os maxiares na batalla de Merseburgo (933).
Máis tarde o seu fillo Odón I inflixiulles unha derrota maior aos húngaros en 955 na batalla de Lechfeld e en 973 en Quedlinburg. Logo da última negociouse a paz co príncipe Géza de Hungría e comezou o proceso de cristianización e occidentalización dos húngaros, que chegou á súa realización máxima con Estevo I de Hungría no ano 1000.
Cristianismo e fortalezas
editarDurante o seu reinado, produciuse un grande avance na evanxelización do reino de Bohemia e no fortalecemento das estruturas eclesiásticas, retomando a política carolinxia de apoio ás comunidades monásticas e valéndose de numerosos homes da igrexa na administración do estado.
A fortificación dos castelos do sur de Xermania e a reorganización da cabalaría pesada culminan a súa obra política, salvada grazas á súa insistencia en nomear sucesor como rei de Xermania o seu fillo Odón I o Grande, para evitar a división do reino despois da súa morte.
Familia
editarHenrique morreu dun ataque cerebral o 2 de xullo de 936, no seu palacio en Memleben, un dos seus lugares favoritos. Para entón, todas as tribos xermanas estaban unidas nun só reino. Henrique I é considerado, polo tanto, o primeiro rei alemán e o fundador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Henrique era fillo de Odón I, duque de Saxonia, e de Hedwige de Franconia.
Henrique casou dúas veces. A primeira vez, con Hatheburg de Merseburg, quen lle deu un fillo, Thankmar. O seu segundo matrimonio foi con Matilde de Ringelheim.
O primeiro fillo desta unión, Odón, sucedeuno como emperador. O seu segundo fillo, Henrique, converteuse en duque de Baviera. O seu terceiro fillo, Bruno, foi duque de Lotarinxia e arcebispo de Colonia. O fillo do seu primeiro matrimonio, Thankmar, rebelouse contra o seu medio irmán Odón, e faleceu na batalla de Eresburg no ano 936.
Con respecto ás súas fillas, Gerberga de Saxonia, logo da morte do seu primeiro marido, o duque Xilberto de Lotarinxia, casou co rei Lois IV de Francia e foi nai do rei Lotario de Francia. A súa filla máis nova, Hedwige de Saxonia, casou con Hugo o Grande, duque de Francia e conde de París, e foi a nai de Hugo Capeto, fundador da dinastía dos Capetos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique I de Alemaña |
Bibliografía
editar- Bachrach. David S. "Restructuring the Eastern Frontier: Henry I of Germany, 924-936," Journal of Military History (Jan 2014) 78#1 pp 9–36
- Barraclough, Geoffrey, ed. (1961). Studies in Mediaeval History:Mediaeval Germany. Vol. II. Essays. Basil Blackwell.
- Gwatkin, H. M., Whitney, J. P. (ed) et al. The Cambridge Medieval History: Volume III. Cambridge: Cambridge University Press, 1926.
- Leyser, Karl, Medieval Germany and Its Neighbours 900-1250 (Londres: The Hambledon Press, 1982)
- Menzel, W. Germany from the Earliest Period. Vol I
Ligazóns externas
editar- Publications about Henry I in the OPAC of the Regesta Imperii