Henri Bouchard

escultor francés

Henri Bouchard, nado o 13 de decembro de 1875 en Dijon e finado o 30 de novembro de 1960 en París, foi un escultor francés.

Modelo:BiografíaHenri Bouchard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1875 Editar o valor en Wikidata
Dijon, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ110335102 Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Francesa en Roma (1901–1905)
Academia Julian
Escola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor, gravador, medallista, pintor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1901 Editar o valor en Wikidata - 1960 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorÉcole des Beaux-Arts (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosPierre Nocca (pt) Traducir, Jean-Marie Baumel, Jean Fréour e Constantin Baraschi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1924Xogos Olímpicos de 1924 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 213492658 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo dun carpinteiro, Bouchard formouse na Académie Julian e no estudo de Louis-Ernest Barrias antes de entrar na Ecole des Beaux-Arts de París. Gañou o Premio de Roma en 1901. A súa atención estivo centrada nos modelos da antigüidade, cara aos peóns, as figuras cotiás e os traballadores comúns. O mesmo Bouchard converteuse en profesor da Academia Julian en 1910.

En novembro de 1941 Bouchard foi parte dun grupo de pintores e escultores franceses que aceptaron unha invitación oficial de Joseph Goebbels para realizar unha gran mostra itinerante na Alemaña nazi. Outros artistas que aceptaron a invitación foron Charles Despiau, Paul Landowski, André Dunoyer de Segonzac, e os artistas fauvistas Kees van Dongen, Maurice de Vlaminck e André Derain. Tras a súa volta Bouchard tivo palabras amábeis sobre o trato recibido durante a estadía dos artistas Alemaña nazi. Tras a Liberación, en 1944, Bouchard foi suspendido do seu profesorado, acusadp de colaboracionismo e condenóuselle ao ostracismo por parte de moitos antigos partidarios[Cómpre referencia].

O Museo Bouchard de París foi aberto en 1962 e pechado en 2007, na escola estudo do escultor na rúa de Yvette, 25. As súas coleccións, incluída unha gran figura de Apolo copia da do Palacio de Chaillot, así como máis de cen traballos, entre pezas en bronce, esculturas de pedra, e modelos en escaiola orixinais, foron transferidos ao Museo da Piscine en Roubaix.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar