Hematocrítico
Miguel Ángel López González, popularmente coñecido como Hematocrítico ou El Hematocrítico de Arte,[1] nado na Coruña en 1976 e finado en Navia (Vigo) o 27 de novembro de 2023,[2] foi un mestre, humorista, escritor e activo comunicador en redes sociais galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miguel Ángel López González ![]() 1976 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 27 de novembro de 2023 ![]() Vigo, España ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Educación, literatura de humor e blog ![]() |
Ocupación | humorista, mestre, escritor, blogueiro ![]() |
Pseudónimo literario | Hematocrítico ![]() |
Familia | |
Parella | Ledicia Costas Álvarez ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarExerceu de profesor de ensino infantil, inglés e primaria dúas décadas no colexio das Escravas da Coruña.
Como comunicador o seu papel principal foi o de blogueiro, inicialmente, e logo como tuiteiro, onde no momento do seu falecemento a finais de 2023 contaba con 160 000 seguidores[3]. Tamén colaborou en medios tradicionais, como a revista de cinema Cinemanía, El Diario, ou a revista de humor Mongolia. Tamén foi comentarista dos programas de Antena 3 Top Chef, Pekin Express e Casados a primera vista.
Xa nunha contorna máis local foi colaborador no programa de radio Turkía, que copresentaban Antón Lezcano e Txury Ferrer.[4] Ademais, foi presentador en 2015 e 2016 dos TEDxMadrid.[5]
Na súa obra nas redes sociais expresouse preferentemente en lingua castelá, se ben na obra literaria publicou tanto en galego como en castelán. Literariamente cultivou tanto a banda deseñada de carácter didáctico como a literatura infantil e xuvenil.
En novembro de 2024 celebrouse en Vigo o Hematofesti e creouse o I Premio Humor con H de álbum ilustrado infantil.[6]
Obra
editarNovela gráfica
editar- El Hematocrítico de Arte (2012). Bilbao: Caramba. 96 páxs. ISBN 978-8493930653 (4ª).
- Drama en el portal (2013). Bilbao: Caramba. 128 páxs. ISBN 9788494060243.
- El Hematocrítico de Arte 2 (2015). Bilbao: Caramba. 96 páxs. ISBN 9788461697519.
- El Hematocrítico de Artres (2017). Bilbao: Caramba. 96 páxs. ISBN 978-8416880188.
Literatura infantil
editar- Feliz Feroz (2014). Anaya. Premio Fundación Cuatrogatos 2015.[7]
- Axente Riciños (Xerais, 2016).
- O lobo con botas (Xerais, 2016)
- Rapunzel con piollos (2019) Pequeno Merlín, álbums. Ilustracións de Mar Villar. Tradución de Anaír Rodríguez. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-569-1.[8]
- Alcaldesa vermella (2020) Ilustracións de Mar Villar. Anaír Rodríguez, tradutora. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-650-6.
- Mi hermono (2021). Anaya. Ilustracións de Alberto Vázquez.
- Un perro (2021). Anaya. Ilustracións de Alberto Vázquez.
- Vaia cabuxiño! (2021) Ilustracións de Mar Villar. Tradución de Anaír Rodríguez. Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-883-8.
- Dejadme en paz. Max Burbuja 1 (2021) Ilustracións de Santy Gutiérrez. B de Blok, do grupo Penguin Random House.
- Robar está fatal. Max Burbuja 2 (2021) Ilustracións de Santy Gutiérrez. B de Blok, do grupo Penguin Random House.
- Se hace viral. Max Burbuja 3 (2021) Ilustracións de Santy Gutiérrez. 128 páxs. B de Blok, do grupo Penguin Random House.
- Contra el comedor. Max Burbuja 4 (2021) Ilustracións de Santy Gutiérrez. 128 páxs. B de Blok, do grupo Penguin Random House.
- Dona Problemas (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Paco Roca.
- Morto de fame (2023). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-330-5. Tradución de Anaír Rodríguez e ilustracións de Mar Villar.
- Unha unicornia (2023). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-405-0. Ilustracións de Alberto Vázquez.
- Dona Problemas, salvadora da escola (2024, póstuma). Vigo: Xerais. 96 páxs. Ilustracións de Paco Roca. ISBN 978-84-1110-258-2.
Banda deseñada
editar- A media hora dos heroes. Lendas do recreo (2020). Ilustracións de Albert Monteys, tradución de Anaír Rodríguez. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-653-7.
- Campións do mundo. Lendas do recreo (2020) Ilustracións de Albert Monteys, tradución de Anaír Rodríguez. Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-654-4.
Obras colectivas
editar- Caramomia (2023). Vigo: Xerais. Con María Lado, Daniel Landesa, Ledicia Costas. Ilustrador: Martín Romero.[9]
Vida persoal
editarFinou dun infarto na casa onde vivía, en Navia (Vigo), e que compartía coa súa parella, a tamén escritora Ledicia Costas.[10]
Tiña dúas fillas[11].
Premios
editarNotas
editar- ↑ Gemma Malvido. "Imagino a Paco Vázquez escribiendo los tuits con pluma para que alguien se los pase - La Opinión de A Coruña". Consultado o 2017-06-19.
- ↑ "Muere el tuitero coruñés El Hematocrítico a los 47 años". Quincemil (en castelán). 2023-11-27. Consultado o 2023-11-27.
- ↑ "Perfil en Twitter de Hematocritico". X. Consultado o 2023-11-27.
- ↑ "Turkia radio de turkia radio en Apple Podcasts". Apple Podcasts (en castelán). Consultado o 2017-06-19.
- ↑ "El Hematocrítico". TEDxMadrid (en castelán). 2015-06-28. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 2017-06-19.
- ↑ culturagalega.org (2024-06-24). "O vindeiro mes de novembro celebrarase en Vigo o I Hematofest na súa honra". culturagalega.org. Consultado o 2024-11-10.
- ↑ "Premio Fundación Cuatrogatos 2015" (PDF). Consultado o 20 de outubro de 2015.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11.
- ↑ "Caramomia - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-08.
- ↑ "Muere de un infarto a los 47 años el tuitero coruñés El Hematocrítico". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-11-27. Consultado o 2023-11-27.
- ↑ Hermida, Patricia (2022-07-11). "“Los deberes me parecen una falta de respeto para el tiempo libre de los niños”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-11-27.
- ↑ Redacción (2023-11-27). "Muere el tuitero y escritor coruñés Miguel López, El Hematocrítico". Levante-EMV (en castelán). Consultado o 2024-01-09.
- ↑ "El Hematocrítico gana el Concurso de Narrativa Infantil ‘Vila d’Ibi’". ESCAPARATE DIGITAL. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2024. Consultado o 2024-01-09.
- ↑ Etreros, Carmen F. (2021-11-25). "El Hematocrítico gana el Concurso de Narrativa Infantil Vila d’Ibi 2021 -" (en castelán). Consultado o 2024-01-09.
- ↑ "El Gobierno distingue a 37 personalidades y entidades de la cultura con la Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes 2023". cultura.gob.es. Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- "El Hematocrítico, Hombre GQ de la Semana", entrevista na Revista GQ.
- Marina Chiavegatto ¿Cómo ser un «twitter star»?, La Voz de Galicia, 25 de abril de 2015.