Heliodoro Rivas Rivas

xornalista e político galego

Heliodoro Rivas Rivas, coñecido como Rivitas, nado en Vigo en 1884, foi un xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaHeliodoro Rivas Rivas
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Redondela
21 de xullo de 1936 – 27 de xullo de 1936
← Serafín Dacosta PazoFrancisco Cunqueiro Montenegro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Oficial maior do concello de Redondela, desempeñou o posto de Secretario nalgúns períodos. Vinculado á Sociedade de Agricultores La Progresiva de Chapela. Dirixiu os periódicos redondeláns La Opinión e Redención e foi correspondente de El Pueblo Gallego en Redondela. Presidiu a VI Asemblea Agraria (1915). Foi directivo do Centro Republicano Radical (1932) do que chegou a presidente en 1933, repetindo cargo en 1935. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde interino de Redondela polo Comandante Militar de Vigo o 21 de xullo. Cesou seis días despois, o 27 de xullo.


Predecesor:
Serafín Dacosta Pazo
  
Alcalde de Redondela
 
1936
Sucesor:
Francisco Cunqueiro Montenegro

Vida persoal

editar

Casou con Ángela García.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. pp. 305–306. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas

editar