Helena Miguélez-Carballeira
Helena Miguélez Carballeira, nada en Vigo en 1978, é unha filóloga galega.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Helena Miguélez Carballeira ![]() 1978 ![]() Vigo, España ![]() |
Editora literaria Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies (pt) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo Universidade de Edimburgo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filóloga, profesora universitaria ![]() |
Empregador | Bangor University (en) ![]() Universidade de Aberdeen (2004–2005) ![]() |
Membro de | Sociedade Científica de Gales (Fellow of the Learned Society of Wales (en) ![]() Gorsedd Cymru (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Vigo rematando en 2000. Fixo un máster en Estudos de Tradución na Universidade de Edimburgo, e doutorouse en Estudos Hispánicos. Foi profesora asociada no departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Aberdeen (2004) e en 2005 gañou a praza de profesora titular de Estudos Hispánicos no departamento de Linguas Modernas da Universidade de Bangor. É directora do Centro de Estudos Galegos en Gales. É editora fundadora da revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies e ten publicado traballos nas revistas The Translator, Bulletin of Hispanic Studies, Translation Studies, Grial, Bulletin of Hispanic Studies, The Translator. En 2019 foi aceptada na Gorsedd Beirdd Ynys Prydain.[1] Forma parte do proxecto Espaço Clara Corbelle.[2]
Obras
editarEnsaio
editar- Galiza, um povo sentimental?: Género, política e cultura no imaginário nacional galego, 2014. Tradución de Galicia, a Sentimental Nation: Gender, Culture and Politics, 2013.
- A Companion to Galician Culture, 2014 (editora).
Traducións
editar- I Am Not from Here de María do Cebreiro.
Premios
editar- Premio da AELG ao mellor ensaio do 2014, por Galiza, um povo sentimental?.
Notas
editar- ↑ "Fálase de". Praza Pública. Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ Barros, Xosé. "Helena Miguélez: "Poñemos o traballo de investigación ao servizo dun proxecto transformador e emancipador"". Nós Diario. Consultado o 2021-09-30.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha en galegos.info
- Blog da autora
- Dr Helena Miguélez-CarballeiraArquivado 28 de xullo de 2015 en Wayback Machine.