Helen Fielding
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Helen Fielding, nada en Yorkshire o 19 de febreiro de 1958, é unha escritora inglesa, coñecida sobre todo pola súa obra Bridget Jones's Diary que no 2001 foi levada ao cine.
![]() (2009) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1958 ![]() Morley, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Educación | St Anne's College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, xornalismo, Prosa e xornalismo de opinión ![]() |
Ocupación | escritora, guionista, novelista, xornalista, xornalista de opinión ![]() |
Período de actividade | 1994 ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Kevin Curran ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Literatura inglesa na Universidade de Oxford e empezou a traballar na BBC. A súa primeira novela foi Cause Celeb, unha obra baseada nas súas vivencias periodísticas en África.
Acadou a fama ao publicar na prensa británica unha columna diaria sobre unha muller de trinta anos, chamada Bridget Jones, que vive soa en Londres e traballa nunha editorial. En 1996 publicou a novela Bridget Jones's Diary, que relataba un ano na vida deste personaxe. Obtivo o premio British Book Award e chegou a ser un dos fenómenos literarios da década de 1990, tanto pola exitosa vida editorial (pois a novela logrou unhas vendas millonarias) como pola fama que lle deu a película. A novela foi levada á gran pantalla con Renée Zellweger no papel de Jones, acompañada de Colin Firth e Hugh Grant. Fielding escribiu unha segunda novela con este mesmo personaxe: Bridget Jones: The Edge of Reason.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- BridgetArchive.AlterVista.org (arquivo de Bridget Jones).
- Helen Fielding profile and articles at The Guardian