Heinrich Wölfflin
Heinrich Wölfflin (21 de xuño de 1864 - 19 de xullo de 1945) foi un soado crítico da arte suízo, considerado como un dos mellores historiadores de arte de toda Europa.
![]() (1924) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1864 ![]() Winterthur, Suíza ![]() |
Morte | 19 de xullo de 1945 ![]() Zürich, Suíza ![]() |
Lugar de sepultura | Wolfgottesacker (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Múnic ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudo da historia da arte ![]() |
Lugar de traballo | Múnic ![]() |
Ocupación | historiador da arte, historiador, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Múnic Universidade de Basilea Universidade de Zürich Universidade Humboldt de Berlín ![]() |
Membro de | |
Profesores | Jacob Burckhardt, Carola Giedion-Welcker e Wilhelm Dilthey ![]() |
Alumnos | Kate Traumann Steinitz (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Doutorando | Fritz Knapp (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | Eduard Wölfflin ![]() |
Irmáns | Ernst Wölfflin ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Obálky knih, ![]() Enciclopedia soviética armenia, volume 11, (p.480) ![]() |
![]() ![]() |
Definiu a historia da arte como unha historia independente do contexto social, económico ou relixioso a través do renacemento (século XVI) e o Barroco (século XVII). Analizou as diferenzas destes dous estilos insistindo en que a finais do século XVII produciuse unha mudanza semellante mais de sentido inverso, unha "volta atrás".
Entre os seus alumnos destácanse os historiadores Rudolf Wittkower e Sigfried Giedion e o escultor Naum Gabo.
O Barroco segundo Wölffin
editarWölffin, define o Barroco por cinco trazos característicos:
- A procura do movemento real, polo feito de que se constrúan edificacións con paredes onduladas e tamén a procura do imaxinario, polo feito de que se pinten personaxes quen de accións violentas.
- Intento de suxerir o infinito. Este aspecto amósase claro no lago de Versalles. Neste estilo o camiño pérdese no horizonte.
- A importancia da luz e dos seus efectos.
- O gusto pola teatralidade, polo escenográfico e fastuoso.
- A tendencia a mesturar as disciplinas artísticas.
Obras
editarAs súas obras máis notables son:
- Conceptos fundamentais para a historia da arte (1915)
- Renacemento e Barroco (1888)
- A arte clásica (1899)
- Prolégomènes à une psychologie de l'architecture (1886).