Heaven Up Here
Heaven Up Here é o segundo álbum da banda inglesa de post-punk Echo & the Bunnymen, publicado o 30 de maio de 1981 a través do selo Korova. No mes de xuño dese ano, Heaven Up Here converteuse na primeira edición do grupo en acadar o top 10 da lista británica de álbums[1]. Tamén foi o primeiro que entrou nas listas estadounidenses, acadando o número 184 da Billboard 200[2]. De Heaven Up Here lanzáronse os sinxelos "A Promise" e "Over the Wall".
Heaven Up Here | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Echo & the Bunnymen | ||||
Publicado | 30 de maio de 1981 | |||
Gravación | marzo de 1981 | |||
Estudio(s) | Rockfield Studios, Monmouth, Gales | |||
Duración | 43:03 | |||
Xénero(s) | post-punk | |||
Selo(s) | Korova | |||
Produtor | Hugh Jones, The Bunnymen | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Gravado nos Rockfield Studios preto de Monmouth en Gales, Heaven Up Here foi co-producido por Hugh Jones e a banda. Foi ben recibido polo público e a crítica no Reino Unido e gañou os premios "Best Dressed LP" e "Best Album" nos NME Awards de 1981. O álbum tamén foi listado no posto 463 na lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[3].
Listaxe de cancións
editarTodos os temas compostos por Will Sergeant, Ian McCulloch, Les Pattinson e Pete de Freitas.
- Cara 1
- "Show of Strength" – 4:50
- "With a Hip" – 3:16
- "Over the Wall" – 5:59
- "It Was a Pleasure" – 3:12
- "A Promise" – 4:08
- Cara 2
- "Heaven Up Here" – 3:45
- "The Disease" – 2:28
- "All My Colours" – 4:06
- "No Dark Things" – 4:27
- "Turquoise Days" – 3:51
- "All I Want" – 4:09
- Cancións extra da reedición de 2003
- "Broke My Neck" (versión longa) – 7:22
- "Show of Strength" (en directo) – 4:41
- "The Disease" (en directo) – 1:53
- "All I Want" (en directo) – 3:09
- "Zimbo" (en directo) – 3:52
Notas
editar- ↑ Álbums de Echo & the Bunnymen nas listas británicas
- ↑ Álbums de Echo & the Bunnymen nas listas da Billboard
- ↑ "500 mellores álbums de todos os tempos segundo Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2013. Consultado o 13 de maio de 2013.