Hawker Siddeley Trident
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
O Hawker Siddeley HS 121 Trident (orixinalmente de Havilland D.H.121 e Airco DH 121) foi un avión de pasaxeiros británico de curto e medio alcance. Foi o primeiro avión de pasaxeiros coa cola en T e tres motores na parte traseira da fuselaxe en ser deseñado. Tamén foi o primeiro avión deste tipo en realizar unha aterraxe ás cegas en servizo no ano 1965.[1]
HS 121 Trident | |
---|---|
Tipo | avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita |
Fabricante | Hawker Siddeley |
Primeiro voo | 9 de xaneiro de 1962 |
Introducido | 1 de abril de 1964 |
Estado | retirado |
Unidades construídas | 117 |
O Trident apareceu como resposta a unha petición da aeroliña estatal British European Airways Corporation (BEA) solicitando un reactor de pasaxeiros para as súas principais rutas no oeste de Europa. O goberno persouadira a BEA para realizar esta petición a pesar da súa falta de vontade para mercar unha gran frota de reactores. Os requirimentos da aeroliña variaron moito na década dos 50 e unha década despois evolucionaron radicalmente lonxe do que o Trident podería ofrecer. A adaptación ás cambiantes especificacións de BEA foi amplamente vista como unha limitación ás solicitudes doutras aeroliñas e atrasou a súa entrada en servizo.
Durante a súa xestación, o Trident estivo tamén envolto nun plan do goberno para racionalizar a industria aeronautica británica.[2] Os movementos corporativos e as intervencións do goberno resultante contribuíron a máis atrasos causando que entrase en servizo dous meses despois que o seu principal competidor, o Boeing 727, facendo que perdese máis vendas potenciais.
Cara ao final do programa en 1978 fabricáranse 117 Trident. O sucesor de BEA, British Airways, retirou os seus Tridents a mediados da década dos 80. O seu servizo rematou na China a principios dos anos 90.
Notas
editar- ↑ Kenward, Michael (10 de febreiro de 1972). "Cutting through the fog with autoland". New Scientist 10: 321–323.
- ↑ Flight International (ed.). "Hawker Siddeley Mergers". Consultado o 23 de decembro de 2016.