Happy Hollow
Happy Hollow é o quinto álbum da banda estadounidense de indie rock Cursive, editado o 22 de agosto do 2006 a través do selo Saddle Creek Records. O disco chamouse así por un barrio de xente de clase alta en Omaha, Nebrasca.
Happy Hollow | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Cursive | ||||
Publicado | 22 de agosto do 2006 | |||
Duración | 45:26 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | Saddle Creek Records | |||
Produtor | Tim Kasher e Mike Mogis | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O álbum é o primeiro da banda dende a saída da chelista Gretta Cohn, cuxa instrumentación foi un compoñente importante do álbum The Ugly Organ do 2003. O disco conta con significativos arranxos de trompa para quinteto realizados por Nate Walcott.
As letras de Happy Hollow forman un álbum conceptual que xira ao redor dunha pequena cidade e os seus habitantes, e trata conceptos como o dogma relixioso e a hipocrisía.
Listaxe de cancións
editar- "Opening the Hymnal/Babies" - 2:32
- "Dorothy at Forty" - 3:02
- "Big Bang" - 3:56
- "Bad Sects" - 3:39
- "Flag and Family" - 2:56
- "Dorothy Dreams of Tornadoes" - 2:54
- "Retreat!" - 3:57
- "The Sunks" - 2:53
- "At Conception" - 2:57
- "So-So Gigolo" - 3:43
- "Bad Science" - 2:40
- "Into the Fold" - 4:16
- "Rise Up! Rise Up!" - 3:22
- "Hymns for the Heathen" - 2:39