Happy Feet

filme de 2006 dirixido por George Miller

Happy Feet é un filme estadounidense-australiano de 2006 dirixido e producido por George Miller e escrito por Miller, John Collee, Judy Morris e Warren Coleman. Está protagonizado polas voces de Elijah Wood, Robin Williams, Brittany Murphy, Hugh Jackman, Nicole Kidman, Hugo Weaving, Anthony LaPaglia, Magda Szubanski e Steve Irwin. Foi producido pola empresa de Sydney Animal Logic para Warner Bros. Pictures, Village Roadshow Pictures e Kingdom Feature Productions. É o primeiro filme animado creado por Kennedy Miller e Animal Logic. Ambientado na Antártida, o filme conta a historia de Mumble (Wood), un pingüín emperador que é quen de bailar claqué de forma brillante malia non ter a capacidade de cantar unha canción do corazón para atraer unha alma xemelga. Despois de ser continuamente ridiculizado e rexeitado polos seus compañeiros e o seu propio pai (Jackman), Mumble parte nunha viaxe para aprender o que está a provocar o declive da poboación de peixes locais e atoparse a si mesmo no camiño.

Happy Feet
Ficha técnica
Título orixinalHappy Feet
DirectorGeorge Miller
Produtor
Guión
Intérpretes
MúsicaJohn Powell
FotografíaDavid Peers
Montaxe
Estudio
Distribuidora
Estrea 17 de novembro de 2006
Duración108 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Australia Australia[2]
XéneroAnimación
Orzamento100 millóns de dólares[3]
Recadación384,3 millóns de dólares[3]
Na rede
http://www.happyfeetmovie.com
IMDB: tt0366548 Filmaffinity: 675344 Allocine: 52416 Rottentomatoes: m/happy_feet Mojo: happyfeet Allmovie: v322645 TCM: 546300 Metacritic: movie/happy-feet Netlix: 70043941 Editar o valor en Wikidata

Happy Feet estreouse nos cinemas dos Estados Unidos de América o 17 de novembro de 2006, e nos cinemas de Australia o 26 de decembro de 2006. Estreouse de xeito simultáneo en formato convencional e IMAX 2D.[4] Estreouse en liña dobrado ao galego na plataforma dixital do Xabarín Club.[5]

Personaxes

editar
  1. "Film Distribution - Village Roadshow Limited". Village Roadshow Pictures. 11 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014. 
  2. "Happy Feet". bfi. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Happy Feet (2006)". Box Office Mojo. Consultado o 2 de xaneiro de 2011. 
  4. "Happy Feet: The IMAX Experience". IMAX. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2006. Consultado o 15 de marzo de 2007. 
  5. @XabarinGal (ed.). "Da mente de George Miller, director e guionista da saga de #MadMax, chega a xabarin.gal a película que lle valeu o seu único premio Óscar... #HappyFeet! Unha fábula sobre pingüíns bailaríns que podes ver xa aquí mesmo". Consultado o 15 de xaneiro de 2025. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar