Hans Monderman
Hans Monderman, nado en Ljouwert o 19 de novembro de 1945 e finado en Oerterp o 7 de xaneiro de 2008, foi un enxeñeiro e urbanista frisón.
![]() (2006) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1945 ![]() Leeuwarden, Países Baixos ![]() |
Morte | 7 de xaneiro de 2008 ![]() Ureterp, Países Baixos (en) ![]() ![]() |
Causa da morte | cancro de próstata ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro civil, Q1385972 ![]() ![]() |
Traxectoria profesional
editarMonderman desenvolveu case toda a súa vida profesional como enxeñeiro de tráfico en vilas e pequenas cidades de Frisia, formulando un modelo de regulación do tráfico rodado que sería coñecido como o "modelo Monderman". En 1969 entrou a traballar como enxeñeiro civil e como controlador de tráfico na provincia neerlandesa de Frisia, e mantivo esa ocupación, en distintos postos e lugares (Smallingerland, Groningen, Drenthe...), ata o remate da súa vida.
O seu modelo incluía o redeseño do ambiente urbano (iluminación, mobiliario etc.), a redución drástica de sinalización e de elementos coercitivos (bandas rugosas, semáforos, chicáns etc.) e a substitución de cruzamentos por rotondas, para que os distintos integrantes do espazo público tivesen que convivir e autorregulasen as súas prácticas. O seu modelo de mobilidade pode contemplarse en funcionamento en ata un cento de poboacións de Frisia e o resto dos Países Baixos. O seu modelo, a través do programa Shared Space, estase a poñer en práctica internacionalmente, en Suffolk (Inglaterra), Oostende (Bélxica), Bohmte (Alemaña) ou Ejby (Dinamarca), entre outras cidades.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Programa Shared Space Arquivado 16 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.