Hans von Euler-Chelpin
Hans Karl August Simon von Euler-Chelpin nado en Augsburgo (Alemaña) o 15 de febreiro de 1873 e finado en Estocolmo (Suecia) o 6 de novembro de 1964, foi un bioquímico e profesor universitario sueco.
Biografía
editarComezou a estudar pintura, pero o seu desexo de estudar os problemas da cor, e especialmente as cores do espectro, fixéronlle comezar a estudar ciencias. Estudou na Universidade de Gotinga, na Universidade de Wurzburgo e na Universidade de Berlín, onde alcanzou o doutoramento en 1895.
Posteriormente foi profesor na Universidade de Estocolmo, sendo nomeado director do Instituto de Bioquímica da Universidade desde 1929. En 1941 abandonou o ensino, pero continuou coas súas investigacións.
Hans casou coa química Astrid Cleve (filla do químico Per Teodor Cleve de Uppsala). Ambos tiveron un fillo Ulf von Euler, que foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina do ano 1970.
Investigacións científicas
editarAs súas investigacións dirixíronse fundamentalmente ao estudo do contido en vitaminas dalgúns vexetais, á carotina como provitamina A e á química dos encimas da fermentación.
Foi galardoado en 1929 co premio Nobel de Química (premio compartido con sir Arthur Harden) polas súas investigacións no campo da fermentación do azucre e os encimas da fermentación.
Entre as obras que escribiu a máis importante é Chemie der Enzyme (1910).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1929 (en inglés)
- Biografía del Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Hans von Euler-Chelpin NNDB (en inglés)
Predecesor: Adolf Otto Reinhold Windaus |
Premio Nobel de Química 1929 con Arthur Harden |
Sucesor: Hans Fischer |