Hamada
Unha hamada ou hammada (en árabe, حمادة ḥammādá) é un tipo de paisaxe de deserto pedregoso, caracterizado en gran parte pola súa paisaxe árida, dura, de mesetas rochosas e con moi pouca area.[1] As hamadas, ás veces, tamén se lles chama reg, aínda que este termo refírese a unha chaira pedregosa máis que a unha meseta.[2] A superficie dunha hamada está composta por rochas planas,[3] cubertas de grava, de dimensións maiores de seis centímetros.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/9/99/260_Boa_Vista.jpg/220px-260_Boa_Vista.jpg)
As hamadas existen en contraste cos ergs, que son grandes zonas conformadas por dunas de area cambiantes, modificadas continuamente polos ventos dominantes.[4][5]
A maior hamada do mundo é a hamada do Draa, no noroeste do deserto do Sáhara, situada entre Marrocos, Alxeria e o Sáhara Occidental. As áreas de hamada constitúen o 70% do deserto do Sáhara.
"Hamada" é un termo empregado comunmente como toponímico en moitas zonas do Sáhara, como sucede con Hamada el Hamra, en Libia.
Formación
editarProbablemente, a súa orixe débese á denudación ocasionada polo vento durante millóns de anos con clima seco, que arrastrou toda a area cara ás chairas onde terminou por se acumular formando as dunas dos ergs propiamente ditos. O vento elimina os produtos finos da meteorización (un proceso coñecido como deflación): os produtos máis finos son eliminados en suspensión, mentres que a area extráese a través de saltación e superficie de arrastre, deixando tras de si unha paisaxe de grava, cantos rodados e a roca espida.[6]
Cultura popular
editarNos países árabes, cando se lle desexa a alguén "o peor dos infernos", mándaselle aí, á hamada, xa que nesas zonas chéganse a alcanzar temperaturas de até 55 °C.
Notas
editar- ↑ Marshak, Stephen. "Hamada". Earth: Portrait of a Planet (en inglés). Archived from the original on 08-01-2009. Consultado o 16-7-2020.
- ↑ Marshak, Stephen. "Reg". Earth: Portrait of a Planet (en inglés). Archived from the original on 22-06-2010. Consultado o 16-7-2020.
- ↑ "Hammada". britannica.com (en inglés). Consultado o 16-7-2020.
- ↑ Marshak, Stephen. "erg". Earth: Portrait of a Planet (en inglés). Archived from the original on 08-01-2009. Consultado o 16-7-2020.
- ↑ McKnight & Hess (2005), pp. 495-96
- ↑ Sparks (1972), pp. 322-323
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hamada |
Bibliografía
editar- McKnight, Tom L.; Hess, Darrel (2005). Physical Geography: A Landscape Appreciation (en inglés). Upper Saddle River, NJ: Pearson Education, Inc. ISBN 0-13-145139-1.
- Sparks, B.W. (1972). Geomorphology (en inglés). Harlow (GB): Longman Group Ltd. ISBN 0-582-48147-3.