Highly Eccentric Orbiting Satellite
Highly Eccentric Orbiting Satellite 1 e 2, ou abreviadamente HEOS 1 e 2 foron dous satélites artificiais da axencia europea ESRO lanzadas o 5 de decembro de 1968 e o 31 de xaneiro de 1972 mediante un foguete Delta E1 e un foguete Delta L respectivamente.[1][2]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Delta-E1_with_HEOS-1.jpg/256px-Delta-E1_with_HEOS-1.jpg)
Características
editarA misión dos dous satélites era estudar os campos magnéticos interplanetarios, os raios cósmicos, o vento solar e a magnetosfera terrestre. Cada satélite tiña algúns obxectivos propios. Os dous tiñan forma de cilindro, unha masa de pouco máis de 100 kg e estabilizábanse mediante xiro.[2][1]
HEOS 1 foi inxectado nunha órbita de 6804 km de perixeo e 227.099 km de apoxeo. Funcionou sen problemas durante 16 meses ata que un problema no equipamento de a bordo dificultou o seu control de actitude. En 1974 a súa telemetría reducírase ao 50% do tempo potencial durante o que podería funcionar o satélite e só funcionaba o experimento de medicións de campos magnéticos. Reentrou na atmosfera terrestre o 28 de outubro de 1975.[2][1]
HEOS 2 tiña unha órbita inicial de 397 km de perixeo e 245.098 km de apoxeo. Funcionou ben ata a súa reentrada atmosférica, o 5 de agosto de 1974.[2][1]
Instrumentos
editarHEOS 1 e 2 levaban un conxunto lixeiramente distinto de instrumentos a bordo:[2][1]
HEOS 1
editar- Medidores de campos eléctricos e magnéticos.
- Un magnetómetro de porta de fluxo.
- Detector de protóns en raios cósmicos con enerxías superiores a 350 MeV.
- Un analizador hemisférico electrostático.
- Medidor de fluxo de raios cósmicos.
- Detector de electróns en raios cósmicos.
- Detector de protóns solares.
HEOS 2
editar- Un magnetómetro de porta de fluxo.
- Detector de protóns e electróns para enerxías entre 20 eV e 50 keV.
- Observación solar en VLF.
- Detector de electróns de alta enerxía.
- Detector de micrometeoroides.
- Telescopio contador de partículas.
- Medidor de vento solar para enerxías entre 230 eV e 16 keV.