Héctor de Miguel

Héctor de Miguel Martín, anteriormente coñecido como Quequé, nado en Salamanca o 6 de xaneiro de 1977, é un humorista e presentador de televisión español.

Modelo:BiografíaHéctor de Miguel

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1977 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, actor de televisión, humorista, locutor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiEmilio de Miguel Martínez Editar o valor en Wikidata

Sitio webhectordemiguel.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1615132 Twitter: HectordeComer Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en Salamanca, deuse a coñecer en 1998, cando gañou o Imaginarock. Pouco despois presentou no Café Principal o seu espectáculo Directamente. Na radio colaborou co programa de Cadena 100 A media tarde e posteriormente presentou e dirixiu Puerto Latino en Cadena Dial Salamanca.

En televisión comezou na canle local de Salamanca colaborando no programa En escena para dar o salto á televisión nacional co segundo Certamen de monólogos de El Club de la Comedia, que conseguiu gañar. A partir de entón tamén realizou teatro vinculado aos monólogos como 5hombres.com e Noches de Cómicos. En televisión foi membro do equipo artístico de La corriente alterna, Splunge, La Noche… con Fuentes y Cía e Noche Hache.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar