Håkan Casares
Håkan Olof Casares Berg, nado en Halmstad, Suecia, en 1974, é un lingüista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 ![]() Halmstad (municipio), Suecia ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | lingüista |
Familia | |
Nai | Kristina Berg ![]() |
Irmáns | Christian Casares ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarPrimeiro fillo do ourensán Carlos Casares Mouriño e a sueca Kristina Berg, é doutor en Filoloxía pola Universidade de Vigo e Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela[1], membro vitalicio e administrador do padroado da Fundación Carlos Casares[2] e vogal do consello de administración da Editorial Galaxia.[3] É membro do consello de redacción da revista Estudios de Sociolingüística e coordinador do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.[4] Traballou no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega[5] e foi colaborador externo do Instituto da Lingua Galega.[6]
Notas
editar- ↑ Galega, Consello da Cultura. "Håkan Casares". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2024-02-07.
- ↑ Padroado e órganos reitores FCC.
- ↑ ""Unha editorial líder"". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2016. Consultado o 09 de novembro de 2016.
- ↑ "El gallego enciende las alarmas" El País, 13/12/2014
- ↑ RAG. Seminario de Sociolingüística en Dialnet.
- ↑ "Instituto da Lingua Galega". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2016. Consultado o 09 de novembro de 2016.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Lars Christian Casares Berg (irmán)