Gunnar Nordahl
Gunnar Nordahl, nado en Hörnefors o 19 de outubro de 1921 e finado en Alguer (Italia) o 15 de setembro de 1995 foi un futbolista sueco, que xogaba na demarcación de dianteiro. Por moitos é considerado o mellor xogador sueco da historia[1]. Era o pai do tamén futbolista Thomas Nordahl.
(década de 1950) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (sv) Nils Gunnar Nordahl 19 de outubro de 1921 Hörnefors, Suecia (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 15 de setembro de 1995 (73 anos) L'Alguer, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 90 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1937 - 1958 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
football at the 1948 Summer Olympics – men's tournament (en) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Thomas Nordahl | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Knut Nordahl Bertil Nordahl | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Vem är det 1953 (en) , (sec:Nordahl, Nils Gunnar, p.773) Vem är det 1955 (en) , (sec:Nordahl, Nils Gunnar, p.684) Vem är det 1957 (en) , (sec:Nordahl, Nils Gunnar, p.711) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarComezou xogando en equipos menores de Suecia antes de fichar polo IFK Norrköping, co que gañou catro campionatos suecos e chegou a anotar sete goles nun so encontro.
O 22 de xaneiro de 1949 foi fichado polo AC Milan, onde tamén coincidiu durante un tempo cos seus compañeiros da selección Gunnar Gren e Nils Liedholm. Nas oito tempadas que militou no equipo italiano proclamouse cinco veces Capocannoniere (máximo anotador da Serie A). Foi capitán do equipo entre 1954 e 1956.
Unha vez que deixou o Milan fichou polo AS Roma, equipo no que se retirou en 1958, xogando a última tempada coma xogador-adestrador.
Coma xogador Nordahl mantén varios récords tanto a nivel do AC Milan, máximo anotador da historia do club, coma a nivel da Serie A, terceiro máximo goleador da historia da categoría so superado por Silvio Piola e Francesco Totti e por tanto máximo goleador non italiano, tamén mantén o récord da máis goles por tempada, con 35 tantos na tempada 1949/50
Coa selección de fútbol
editarDebutou coa Selección de fútbol de Suecia en 1945, e tres anos despois proclamouse con ela campión olímpico nos Xogos de 1948, proclamandose tamén máximo anotador do campionato. En 1949 tivo que deixar a selección ao fichar polo AC Milan e ao impedir as normas dese momento que xogaran nela os futbolistas profesionais.
Palmarés
editarCo Degerfors IF:
- Máximo goleador de Suecia (1): 1943.
Co IFK Norrköping:
- Campión de Suecia (4): 1945, 1946, 1947 e 1948.
- Copa de Suecia (2)
- Máximo goleador de Suecia (3): 1945, 1946 e 1948.
Co AC Milan:
- Campión da Serie A (2): 1951 e 1955.
- Coppa Latina (2)
- Copa de Italia (4)
- Capocannoniere (5): 1950, 1951, 1953, 1954 e 1955.
Coa Selección de Suecia:
- Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1948. Máximo goleador do campionato.
Notas
editar- ↑ "Gunnar Nordahl, el mejor jugador sueco de la historia", artigo de Julio Muñoz na web Colgados por el fútbol, 24 de agosto de 2013 (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigo na páxina web da FIFA Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Lista de xogadores suecos na Liga Italiana dende 1945 (en inglés)
- Goles de Nordahl coa Selección de Suecia (en inglés)
- Biografía (en castelán)