Gumersindo Fernández Incógnito
guerrilleiro antifranquista galego
Gumersindo Fernández Incógnito foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarFoi lugartenente de Albino Gómez Rodríguez que comandaba un grupo formado por labregos de Muíños e Lobios na zona occidental de Ourense. Dende 1946 o grupo integrouse da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia logo da reorganización de Samuel Mayo Méndez, e Gumersindo foi designado con Máximo Nóvoa Barreiros ao mando dun destacamento que operaba ao nordeste de Ourense. Estaban en contacto con Raúl Castro Cao que estaba organizando centros guerrilleiros na zona.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.