Guillermo Muñoz
Guillermo Muñoz Muñoz, alcumado Hallulla, nado en San Felipe de Aconcagua (Valparaíso) o 25 de xaneiro de 1953 e finado o 11 de abril de 2016, foi un futbolista chileno. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección chilena.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1953 ![]() Chile ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 11 de abril de 2016 ![]() Valparaíso, Chile ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1970 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNa tempada 1973–74 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Debutou na oitava xornada, nun empate en Riazor fronte o Hércules CF (1–1) e logrou o seu primeiro tanto como branquiazul dúas xornadas despois, nunha vitoria fronte o Linares CF (3–0), anotando Muñoz o segundo tanto. Ese ano o club branquiazul descendeu a Terceira División, por única vez na súa historia.
Na tempada 1974/75 marcou 15 goles, sendo o terceiro máximo goleador do Grupo I de Terceira, só por detrás de San Cayetano do Ensidesa, e do seu compañeiro de equipo Alfonso Castro.[1] En agosto de 1975, durante un adestramento, sufriu unha grave lesión de xeonllo que truncou a súa carreira. Permaneceu no club coruñés até a tempada 1978–79, de novo en Segunda División, mais sen xogar ningún partido nas campañas 1975/76 e 1976/77. Conseguiu volver aos campos e xogou unha tempada e media co Fabril, ata finais de 1978.
En 1979 adestrou brevemente ao Bergantiños,[2] antes de regresar a Chile, onde militou en Santiago Wanderers, Universidad Católica e Unión San Felipe, retirándose neste último.
Faleceu en Valparaíso o 11 de abril de 2016.[3]
Notas
editar- ↑ "Máximos goleadores". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 1975. p. 25.
- ↑ "Muñoz, nuevo entrenador del Bergantiños". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 1979. p. 36.
- ↑ "Fallece en Chile el exdeportivista 'Hallulla' Muñoz". Deportivo da Coruña. 12 de abril de 2016. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Entrevista no xornal El TrabajoArquivado 05 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)