Guillermo Fernández Vara
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Guillermo Fernández Vara, nado en Olivenza o 6 de outubro de 1958, é un médico e político socialista español que é presidente de Estremadura, primeiro entre 2007 e 2011 e de novo dende o 7 de xuño de 2015.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1958 (66 anos) Olivenza, España |
Presidente de Estremadura | |
4 de xullo de 2015 – 17 de xullo de 2023 ← José Antonio Monago Terraza – María Guardiola → | |
Presidente de Estremadura | |
29 de xuño de 2007 – 7 de xullo de 2011 ← Juan Carlos Rodríguez Ibarra – José Antonio Monago Terraza → | |
Deputado da Asemblea de Estremadura | |
Circunscrición electoral: Badaxoz | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Córdoba Universidade de Estremadura College of San Jose, Villafranca de los Barros (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor universitario, forense |
Empregador | Universidade de Valencia Universidade de Estremadura |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español (1988–) |
Premios | |
Traxectoria
editarFillo dun xuíz destinado en Olivenza e dunha oliventina, estudou nun centro dos xesuítas de Villafranca de los Barros EXB, Bacharelato e COU, pasando logo a estudar medicina na Universidade de Córdoba ata se licenciar en 1983 e tres anos despois ingresou por oposición no Corpo Nacional de Médicos Forenses, foi profesor colaborador de medicina legal na Universidade de Valencia (1986-1987) . En 1988 logrou a praza de médico forense con destino en Estremadura, asumindo tamén o posto de profesor asociado na Universidade de Estremadura, e nesa época entrou a militar no PSOE, asumindo postos públicos desde mediados da década de 1990, foi director xeral de saúde pública e consumo (1995-1996), conselleiro de Benestar Social (1996-1999), conselleiro de Sanidade e Consumo (1999-2007) e desde 2003 deputado na asemblea estremeña pola provincia de Badaxoz. No ano 2007 acadou a presidencia da Xunta de Estremadura. Trala negativa de Juan Carlos Rodríguez Ibarra de ser de novo candidato á Presidencia da Xunta de Estremadura, o día 20 de setembro a Comisión Executiva Rexional do PSOE aclama por unanimidade a Fernández Vara como candidato á presidencia nas eleccións de 2007, que gañou o PSOE por maioría absoluta, co 52% dos votos e 25 puntos por riba do PP o que levou á investidura de Fernández Vara como presidente da Xunta de Estremadura o 27 de xuño de 2007. Nas eleccións de 2011 repetiu como candidato á presidencia estremeña, quedando o seu partido en segundo lugar tras o PP, a abstención de Izquierda Unida fixo posible que o candidato popular José Antonio Monago lograse a presidencia da Xunta de Estremadura, mantendo Fernández Vara a secretaria xeral do PSOE estremeño e sendo de novo candidato polo PSOE á presidencia nas eleccións de 2005.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guillermo Fernández Vara |