Guillermo Cedrón
Guillermo Cedrón Gómez, nado en Ferrol en 1882 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 18 de agosto de 1936 ![]() Ferrol, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarHome de negocios na Habana, onde foi fundador e primeiro secretario da asociación Ferrol y su Comarca en 1909,[1] e da que foi presidente en 1911.[2] Retornou a Galicia en 1917 establecéndose na Coruña.[3] Foi viaxante de comercio e exerceu como mestre. Vinculado ás Irmandades da Fala, participou na I Asemblea Nacionalista. Militou no PCE e organizou e presidiu o raio comunista de Ferrol. Foi delegado na Federación comarcal da UGT de Ferrol.[4] Conferenciante habitual no Ateneo Ferrolano. Foi candidato polo PCE nas eleccións de novembro de 1933. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 10 de outubro.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi inculpado nunha causa militar en Ferrol e posto a disposición gobernativa. Morreu en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".[6]
Obras
editar- El Comunismo y el proletariado español, 1931.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. p. 105. ISBN 978-84-8485-079-3.