Gubernia de Tavria
A Gubernia de Tavria ou Gubernia da Táurida (Таврическая губерния) foi unha gubernia histórica do Imperio ruso que durou dende 1802 ata 1917.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado histórico | Imperio Ruso | ||||
Capital | Simferópol | ||||
Contén a división administrativa | Berdyansky Uyezd (en) Dneprovsky Uyezd (en) Feodosia Uyezd (en) Melitopolsky Uyezd (en) Perekopsky Uyezd (en) Simferopol County (en) Yalta Uyezd (en) Yevpatoria County (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.447.790 (22,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 63.538 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 8 de outubro de 1802 (Xuliano) | ||||
Disolución | 18 de outubro de 1921 | ||||
Sucedido por | República Autônoma Socialista Soviética da Crimeia (pt) | ||||
Incluía a península de Crimea e parte do continente entre a parte baixa do río Dniéper e as costas dos mares Negro e de Azov.
Formouse cos territorios suroccidentais que foron anexionados do khanato de Crimea, co nome de óblast da Táurida. A óblast foi abolida en 1802 pola reforma de administrativa de Paulo I, pero no mesmo ano restaurona con novo nome de gubernia.
A capital da gubernia foi a cidade de Simferópol. A provincia foi bautizada co antigo nome grego de Crimea, Táurida.
Subdivisións en uezd
editarOs uezd nos que se dividía a Gubernia nas disposicións de 1802 eran:
- Uezd de Berdiansk (Бердянский)
- Uezd de Dnipro (Днепровский), logo renomeado como Aleshki (Алешки)
- Uezd de Evpatoria (Евпаторийский)
- Uezd de Melitopol (Мелитопольский)
- Uezd de Perekop (Перекопский)
- Uezd de Simferópol (Симферопольский)
- Uezd de Feodosia (Феодосийский)
- Uezd de Ialta (Ялтинский)
Historia
editarEn 1783 o khanato de Crimea foi anexionado por Catarina a Grande a Rusia. Pouco despois estableceuse a óblast de Táurida.
Durante o reinado de Paulo I a óblast foi abolida, pero pronto (en 1802) reestableucena como unha gobernatura (guberniia). Formou parte do Imperio ruso ata a revolución rusa de 1917.
A raíz da revolución de outubro de 1917, o goberno étnico tártaro proclamou a República Popular de Crimea o 13 de decembro de 1917, que foi o primeiro Estado musulmán democrático. A república rártara cubría a porción peninsular da antiga gubernia, mentres que os seus condados do norte terminaron temporalmente baixo a xurisdición da gubernia de Ekaterinoslav (de Ucraína). Porén, nin Ucraína nin Crimea lograron manteren os seus territorios, que foron invadidos polos bolxeviques no inverno de 1917-18.
Os bolxeviques dividiron os territorios da gubernia entre a República Socialista Soviética da Táurida e a República Socialista Soviética de Donetsk-Krivoi Rog a principios de 1918, o que durou pouco tempo, xa que foron invadidos polas forzas da República Popular de Ucraína, coa axuda militar do Imperio alemán.
Na actualidade
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |