Guasca
Guasca é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Conforma a provincia do Guavio, a 50 quilómetros ó nordeste de Bogotá, D. C. Conta cunha poboación de 14 759 habitantes no ano de 2005. Ten unha temperatura media de 15 °C e atópase a unha altitude de 2700 m s. n. m., situándose entre os pisos térmicos frío e páramo.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamento | Cundinamarca ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 15.727 ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 346 km² ![]() | |||
Altitude | 2.710 m ![]() | |||
Creación | 21 de xuño de 1600 ![]() | |||
Sitio web | guasca-cundinamarca.gov.co ![]() |
Límites
editarGuasca limita polo norte con Tocancipá e Guatavita, polo leste con Junín, polo sur con La Calera e polo oeste con Tocancipá e Sopó.
Toponimia
editarSegundo es atopa na gramática da lingua muisca, de Frei Bernardo de Lugo, impresa en 1619, Guasca é un topónimo de orixe muisca, composto de dous vocábulos: gua (serra), e shuca (saia).
Historia
editarNa época precolombiana, o territorio do actual concello de Guasca estivo habitado polos muiscas. Guasca pertencía ó territorio dominado polo cacique de Guatavita, do cal era lugartenente o cacique de Guasca.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guasca |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficialArquivado 09 de xuño de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)