Guadalupe Sabio
Guadalupe Sabio Buzo, nada en Badaxoz o 4 de xuño de 1977, é unha científica e profesora española, directora dun grupo de investigación no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC) do Instituto Carlos III de Madrid.[1][2]
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Guadalupe Sabio Buzo ![]() 4 de xuño de 1977 ![]() Badaxoz, España ![]() |
Educación | Universidade de Estremadura ![]() |
Actividade | |
Ocupación | bioloxía, investigadora ![]() |
Empregador | Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas, profesora (2023–) National Center for Cardiovascular Research (en) ![]() Instituto Médico Howard Hughes, research associate (en) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | sabiolab.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en Veterinaria pola Universidade de Estremadura con Premio Extraordinario, en 2005 conseguiu o Doutoramento Europeo do Medical Reserch Council. Foi aceptada no grupo de Roger Davis, no Instituto Médico Howard Hughes da Universidade de Massachusetts pola súa investigación sobre as proteínas quinasas do estrés. Foi recoñecida pola Fundación L'Oréal-Unesco polo seu estudo sobre a obesidade e a súa relación co cancro de fígado e a diabetes e recibiu o Premio Príncipe de Xirona en Ciencia e Academia. Polo seu labor a favor dos dereitos da muller foille outorgado o premio Estrella da Comunidade de Madrid.[3] Foi investigadora no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC.[1]
A súa liña principal de investigación é o papel das quinasas activadas polo estrés no desenvolvemento de enfermidades asociadas á obesidade como enfermidades cardiovasculares, diabetes e o cancro hepático.[4]
Premios e recoñecementos
editar- Premio Fundación Princesa de Xirona de Investigación Científica (2012)[5]
- Bolsa de investigación L'Oréal-Unesco 'Polas Mulleres na Ciencia' (2009)[6]
- Premio Estrella da Comunidade de Madrid (2014)[1]
- Premio Novo Investigador SEBBM-Biotools (2016)[7]
- Elixida unha das Top100 Mulleres Líderes (2014, 2015 e 2017)[Cómpre referencia]
- Seleccionada como EMBO Young Investigator (2017-)[8][9]
- Premio á Investigación Fundación Jesús Serra (2018)[10]
- Premio Novos Investigadores da Fundación AstraZeneca (2018)[11]
- Membro do Comité Científico Asesor da Fundación Gadea Ciencia (2019-)[12]
- Premio Mulleres a Seguir na categoría de Ciencia (2019)[13]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares Carlos III (ed.). "Guadalupe Sabio Buzo". cnic.es. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ Sánchez Juárez, Ana (27 de marzo de 2014). "Guadalupe Sabio: 'La base del éxito es saber fracasar'". El Mundo. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares Carlos III, ed. (7 de marzo de 2014). "La investigadora Guadalupe Sabio recibe la Estrella de la Comunidad de Madrid en el Día Internacional de la Mujer". cnic.es (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2015.
- ↑ "Investigar con perspectiva de género es básico para salvar la vida de las mujeres y prevenir enfermedades". Público.es (en castelán). 5 de agosto de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ "Guadalupe Sabio, Premio FPdGi Investigación Científica 2012". es.fpdgi.org (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ "La investigadora extremeña Guadalupe Sabio obtiene una beca L'oreal-Unesco por sus trabajos sobre el cáncer hepático". www.europapress.es. EuropaPress. 18 de novembro 2009. Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ "La investigadora Guadalupe Sabio, Premio joven investigador Sebbm-Biotools". La Crónica de Badajoz (en castelán). 16 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ Jukic, Igor. "EMBO welcomes 28 new Young Investigators". EMBO (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ G. Gómez, Noemí (25 de outubro de 2017). "Los investigadores Manuel Irimia y Guadalupe Sabio, en el ‘top’ de MBO". EFE Futuro (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ "Guadalupe Sabio y Pablo Pérez, Premio Investigación Jesús Serra". La Vanguardia (en castelán). 17 de abril de 2018. Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ "Una científica extremeña, ganadora en los IV Premios Jóvenes Investigadores de la Fundación AstraZeneca". www.astrazeneca.es (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ "Sabio, Guadalupe". Fundación Gadea Ciencia. Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ "Nueve mujeres sobresalientes y una recién nacida, ganadoras de los Premios MAS". MAS: Mujeres a seguir (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 9 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guadalupe Sabio |