Grus nigricollis
Grus nigricollis é unha especie de ave gruiforme da familia Gruidae que habita en Asia. É unha grúa de tamaño medio que cría na meseta tibetana e pasa o inverno en zonas do noroeste do subcontinente indio e o leste da China. En Bután, son veneradas na tradición budista e están protexidas culturalmente en toda a súa área de distribución. Existe un festival en Bután na honra destas aves e o estado indio de Jammu e Caxemira considéraa a súa ave oficial.
Grus nigricollis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Grus nigricollis Przhevalsky, 1876 | |||||||||||||||
![]() |
Descrición
editarMide uns 139 cm de longo, ten unha envergadura alar de 235 cm e pesa arredor de 5,5 kg. A súa plumaxe é principalmente gris esbrancuxada, coa testa, a parte superior do pescozo e cola negros, ademais das súas plumas primarias e secundarias. O seu píleo é vermello e ten unha pequena mancha branca xunto á parte posterior do ollo. O iris dos seus ollos é amarelo esbrancuxado. O seu peteiro é claro mentres que as súas patas son negras. Ámbolos dous sexos teñen un aspecto semellante. A súa cola negra diferénzaa facilmente do grou, que a ten gris.[2]
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Grus nigricollis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 10 de maio de 2014.
- ↑ Ali, S & S D Ripley. Handbook of the birds of India and Pakistan 2 (2 ed.). Oxford University Press.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grus nigricollis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Grus nigricollis |
Ligazóns externas
editar- BirdLife Species Factsheet Arquivado 02 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)